Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 23 de xuño de 2020 Páx. 25114

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 53/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais nº 53/2020, seguido por instancia de Carlos Pérez Dopeso contra María Mercedes Sánchez Blanco, sobre execución de sentenza nº 101/2020, do 21 de febreiro, se ditaron auto en que se despacha execución e decreto de embargo, ambos os dous con data do 26.5.2020, contra os cales pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a María Mercedes Sánchez Blanco, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza