En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 18 de maio de 2020, o cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 2154, 2155, 2156, 2157 e 2158 do polígono 12, ZCP 5, do termo municipal da Pontenova.
O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 19 de febreiro de 2020.
Lugo, 10 de xuño de 2020
María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo