En virtude do artigo 78.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, esta presidencia,
RESOLVE:
Primeiro. Convocar concurso público para o outorgamento en réxime de autorización almacén nº 1, de 2.067 m2 situado no peirao do Ramal.
Segundo. Aprobar o prego de bases do concurso e o prego de condicións que rexerá a autorización.
Terceiro. Nomear á mesa de contratación, que estará composta por:
– Presidenta: Begoña Mesejo Loureiro, directora da Autoridade Portuaria
– Secretaria: Mª. Celeste Muñiz Otero, xefa do Departamento de Secretaría Xeral.
– Vogal 1: un Avogada do Estado.
– Vogal 2: Alejandra Santoalla Vidal, xefa da Unidade de Dominio Público.
Cuarto. Publicar o anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia.
Quinto. O prazo de presentación de proposicións será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Vilagarcía de Arousa, 24 de febreiro de 2020
Sagrario Franco Malvar
Presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa Ría