Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 23 de xuño de 2020 Páx. 25172

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Cambados para desenvolver as facultades da xestión, inspección, liquidación e recadación voluntaria e executiva dos ingresos de dereito público derivados da xestión do contrato subscrito para a xestión indirecta do servizo de tratamento de residuos industriais na plataforma loxística inversa do polígono industrial de Cambados.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 24 de abril de 2020, acordou aceptar, de conformidade co previsto nos artigos 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación que realizou o Concello de Cambados, por acordo do Pleno na sesión do 28 de novembro de 2019, para desenvolver as facultades de xestión, liquidación e recadación voluntaria e executiva dos ingresos de dereito público derivados da xestión do contrato subscrito para a xestión indirecta do servizo de tratamento de residuos industriais na plataforma loxística inversa do polígono industrial de Cambados.

A citada delegación realizaraa a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 28 de abril de 2020

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2020002793, do 16.3.2020)
Carlos López Font
Deputado delegado da Área de Economía, Facenda e Réxime Interior

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra