Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 25 de xuño de 2020 Páx. 25271

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2020 pola que se convoca un curso básico de auxiliares de policía local (tres edicións).

Dentro das actividades programadas para o ano 2020 no plan de formación aprobado polo seu Consello Reitor, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a convocatoria dun curso básico de auxiliares de policía local, conforme as seguintes bases:

1. Datos da actividade.

Denominación: básico de auxiliares de policía local.

Tipo: curso.

Horas lectivas: 30.

Modalidade: presencial.

Obxectivos:

Dotar os auxiliares de policía local dunha formación teórico-práctica que os capacite para o posterior desempeño da súa función como auxiliares temporais dos corpos de policía local.

Contido:

– Intervención policial.

– Tráfico e seguridade viaria.

– Policía administrativa.

– Primeiros auxilios.

– Aplicacións policiais básicas do dereito penal e procesual-penal.

– Relacións co cidadán.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as:

Persoal seleccionado e proposto polos concellos, que puidese prestar servizo como auxiliar de policía local de forma temporal, de acordo co previsto nos artigos 47 a 48 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.

Persoal seleccionado dentro do proceso selectivo unitario que desenvolve a Agasp dentro dos convenios asinados cos concellos.

Para estes efectos, como se recolle no artigo 48.2 do citado decreto, non terán a obrigación de facer o curso as persoas que o superasen nos últimos 4 anos, é dicir, a partir do ano 2017.

Prazas ofertadas:

Sen límite.

3. Solicitudes de participación.

Prazo de inscrición e presentación:

O prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Os concellos que se atopen nesta situación deberán remitir un escrito asinado polo/a alcalde/esa á Academia Galega de Seguridade Pública (avda. da Cultura, s/n, 36680 A Estrada (fax: 886 20 61 22), no que figure a lista de persoas seleccionadas segundo o artigo 47 do Decreto 243/2008, para efectuar a correspondente reserva de praza para a realización do devandito curso.

De xeito automático, as persoas que superen o proceso selectivo unitario convocado a través da Orde do 25 de maio de 2020 (DOG núm. 103, do 29 de maio), e non teñan realizado este curso nos últimos anos, serán convocadas á súa realización.

4. Desenvolvemento da actividade.

Este curso desenvolverase en varias edicións, e na páxina web da Agasp iranse publicando as persoas admitidas a cada edición programada.

1ª edición: 3, 4 e 5 de xullo de 2020.

2ª edición: 6, 7 e 8 de xullo de 2020.

3ª edición: 14, 15 e 16 de xullo de 2020.

Lugar: Academia Galega de Seguridade Pública.

Horario lectivo: das 9.30 ás 14.30 e das 15.30 ás 20.30 horas.

Certificado de superación do curso:

Ao remate da actividade entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nela, e superen as probas que se determinen no seu caso.

5. Modificacións e incidencias.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

O alumnado destes cursos acudirá á sede da Agasp, provisto de máscara, e atenderá en todo momento as indicacións hixiénico-sanitarias que se establezan, ningunha persoa acudirá con síntomas derivados do COVID-19 nos últimos 14 días, e entregarán unha declaración responsable sobre este aspecto.

A Estrada, 17 de xuño de 2020

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública