Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 25 de xuño de 2020 Páx. 25312

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do exercicio 2019.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no terceiro cuadrimestre do exercicio 2019, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2020

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Convenio

Data

sinatura

Importe €

2019

2020

2021

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación (Gain), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial Esteban Terradas (INTA) para a cesión do dereito de uso dos terreos necesarios para a creación do Parque Industrial de Rozas, no aeródromo de Rozas (Lugo)

3.9.2019

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial

9.9.2019

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial

9.9.2019

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Clúster Saúde de Galicia, CSG, co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial

9.9.2019

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Bioga-Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial

9.9.2019

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Industrias Textiles de Galicia – Cointega Clúster Gallego Textil Moda co fin de acoller bolseiros/as para a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial

13.9.2019

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica, a Universidade de Vigo e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a redución das cargas administrativas no exercicio de actividades económicas e de servizos nos concellos de Galicia

1.10.2019

20.000,00

20.000,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a corporación Voz de Galicia, S.L.U., editora do xornal La Voz de Galicia, para o desenvolvemento dunha plataforma dixital de contidos vinculados á actividade do Igape e dos diferentes axentes que compoñen tanto o mapa empresarial como o ecosistema innovador da Comunidade Galega

1.10.2019

125.000,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Federación Galega de Xóvenes Empresarios para a realización de actividades relacionadas cos servizos da Unidade Galicia Emprende

29.10.2019

12.704,00

68.320,00

Addenda ao convenio, asinado o 1 de outubro de 2019, entre o Instituto Galego de Promoción Económica, a Universidade de Vigo e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a redución das cargas administrativas no exercicio de actividades económicas e de servizos nos concellos de Galicia

30.10.2019

Sen achega económica

Convenio entre a Asociación Cluster da Función Loxística de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica para a execución de actividades da estratexia integral de optimización loxística de Galicia

8.1.2019

34.200,00

195.300,00

167.400,00

Addenda ao convenio entre a Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) e o Instituto Galego de Promoción Económica para a habilitación dun espazo común para clústers (AT Clusters Espazo Galicia)

17.12.2019

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e os consellos reguladoras das denominacións de orixe Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei, Valedorras e as indicacións xeográficas das augardentes e licores tradicionais de Galicia, en materia de promoción, formación e asesoramento dos viños de Galicia durante o período 2019-2021

20.12.2019

10.000,00

203.000,00

177.000,00