Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 26 de xuño de 2020 Páx. 25443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Baiona (expediente IN407A 2020/015-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204.

Denominación: LMTS CTC Convento de Sabarís.

Situación: Baiona.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 24 metros de lonxitude, con orixe na RSMT GON803 entre RAMT e o CT Tanatorio Sabarís e final no CT proxectado Convento Sabarís. Centro de transformación con relación 2000/400 V a 400 kVA. As instalacións están situadas no Convento de Sabarís, no concello de Baiona (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións a esta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta (30) días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase dispoñible ao público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 3 de xuño de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº expediente: IN407A 2020/015-4.

Termo municipal: Baiona (Pontevedra).

Denominación: LMTS CTC Convento de Sabarís.

Parcela 1:

Titular: Paulino Figueroa Rial.

Referencia catastral: 5324108NG1652S0001QS.

Cultivo: urbano.

Afección: 16,81 m2 para apoio e 8,2 m2 para servidume de paso.