De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo o acto do expediente de expropiación forzosa que no anexo se indica porque se descoñece a persoa destinataria, porque se ignora o lugar da notificación ou porque, unha vez intentada esta, non se puido efectuar.
Segundo se establece no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer neste servizo, sito na rúa Sáenz Díez, 1 (Ourense), e coñecer o contido íntegro deste acto. Unha vez transcorrido ese prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 12 de xuño de 2020
Marcos Buide Pollán
Xefe do Servizo Provincial de Ourense
ANEXO
|
Predio |
Obra |
Persoa interesada |
Acto notificado |
|
10 |
Itinerario peonil e ciclista na OU-537, treito de parques empresariais (puntos quilométricos 0+000-2+030), e na OU-536, treito A Derrasa (puntos quilométricos 7+180-7+940), de clave OU/16/269.06 |
Descoñecida |
Convocatoria para levantar a acta previa á ocupación na data 2.7.2020 e na hora 10.30. E convocatoria para formalizar a acta de ocupación na data 30.7.2020 e na hora 10.30. |
|
11 |
Descoñecida |
||
|
14 |
Descoñecida |
||
|
18-A |
Descoñecida |
||
|
20-A |
Descoñecida |
||
|
20-B |
Descoñecida |
||
|
20-C |
Descoñecida |
||
|
21-A |
Descoñecida |
||
|
22-A |
Descoñecida |
||
|
29-A |
Descoñecida |
||
|
30-A |
Descoñecida |
||
|
42-A |
Descoñecida |


