Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 29 de xuño de 2020 Páx. 25558

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Servizos Sociais

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, pola que se publica a relación provisional de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2020/21 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Lugo.

Con data do 15 de maio de 2020 publicouse a Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2020/21.

Tras a avaliación efectuada, de conformidade co disposto no artigo 12.5 in fine, a relación provisional de persoas admitidas e a lista de espera coas puntuacións obtidas farase pública un mes despois de finalizar o prazo de presentación de solicitudes e poderase consultar nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, así como na páxina web https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Así o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar a relación provisional de persoas admitidas e a lista de espera coas puntuacións obtidas, que poderá consultarse na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, así como na páxina web https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

Segundo. As persoas solicitantes poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo dos cinco días posteriores á data da exposición pública da devandita relación provisional.

Lugo, 26 de xuño de 2020

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo da Consellería de Política Social