Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.U.
Domicilio social: avenida de Pontevedra, 14, baixo, 36820 Ponte Caldelas.
Denominación: LMTS, CD Pazos-A Insua 2020 fase I.
Situación: Ponte Caldelas.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ5 de 775 metros de lonxitude, con orixe no CD Rebordelo e final no CD A Roca. As instalacións están situadas nos lugares de Rebordelo e A Roca, no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións a esta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase dispoñible ao público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 4 de xuño de 2020
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Nº de expediente: IN407A 2020/052-4.
Termo municipal: Ponte Caldelas (Pontevedra).
Denominación: LMTS, CD Pazos-A Insua 2020 fase I.
Parcela 1:
Titular: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Roca.
Referencia catastral: 36043A03500654.
Cualificación urbanística: solo non urbanizable común.
Afección: 24,60 m².
Parcela 2:
Titular: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Roca.
Referencia catastral: 36043A035007454.
Cualificación urbanística: solo non urbanizable común.
Afección: 65,47 m².
Parcela 3:
Titular: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Roca.
Referencia catastral: 36043A03509001.
Cualificación urbanística: solo non urbanizable común.
Afección: 420,70 m².
Parcela 4:
Titular: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Roca.
Referencia catastral: 36043A03601212.
Cualificación urbanística: solo non urbanizable común.
Afección: 11,40 m².
Parcela 5:
Titular: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Roca.
Referencia catastral: 36043A03609051.
Cualificación urbanística: solo non urbanizable común.
Afección: 147,20 m².