De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0141/2019-PPM e oito máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.
A Coruña, 15 de xuño de 2020
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
| Nº expediente | DNI/NIF/NIE | Acto que se notifica | Enderezo | 
| PSC-CO-0141/2019-PPM | 53480656K | Resolución | Vao, 56, 1º I, Boiro | 
| PSC-CO-0813/2019-PPM | 52935049C | Resolución | Amor Ruibal, 31, 1º B, Santiago de Compostela | 
| PSC-CO-0907/2019-COP | 79335507C | Resolución | Dpto. 5 A, porto de Muros, Muros | 
| PSC-CO-0927/2019-PPM | 78784279X | Resolución | Rianxiño, 46, Rianxo | 
| PSC-CO-0937/2019-PPM | 53480343F | Resolución | R/ Arralbal San José, 29, Rianxo | 
| PSC-CO-0938/2019-PPM | 49683301N | Resolución | Perú, 27, 3º, A Coruña | 
| PSC-CO-0944/2019-COP | 76967558J | Resolución | Felipe III, 25 baixo, Porto do Son | 
| PSC-CO-0946/2019-PPM | 47363884F | Resolución | O Portiño, 61, A Coruña | 
| PSC-CO-0948/2019-PPM | 58022478X | Resolución | O Portiño, 2, 1º I, A Coruña | 

 
					
