Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 29 de xuño de 2020 Páx. 25650

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANUNCIO do 12 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas no procedemento abreviado 254/2019, seguido no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña.

Samuel Sánchez Cao interpuxo recurso contencioso-administrativo que se tramita como procedemento abreviado, coa referencia 254/2019, no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña. O dito recurso contencioso-administrativo ten como pretensión a inclusión con efectos retroactivos ao da presentación dos títulos [polo recorrente] nas listas de profesores bilingües. O recorrente forma parte da lista existente nesta consellería para a cobertura temporal, como funcionario interino, de postos da especialidade de educación física do corpo de mestres.

De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a través do presente anuncio notifícase a interposición do antedito recurso contencioso-administrativo, para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas, que se emprazan para que poidan comparecer como demandadas, se o consideran oportuno, no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña (sito na rúa Capitán Juan Varela, s/n, 3º andar, da cidade da Coruña) no prazo de 9 días, co obxecto de constituírse como parte interesada no proceso xudicial indicado. Ese prazo de 9 días comeza a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2020

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos