Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 29 de xuño de 2020 Páx. 25629

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1169/2020-MDM).

Secretaria: Sra. Freire Corzo/MDM

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 1169/2020

Xulgado de orixe/Autos: DOI. Despedimento obxectivo individual 668/2019. Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrente: Iberpor Hogar, S.L.

Avogado: Miguel Ángel Estévez Rosende

Recorridos: Fogasa, María Cristina Meiriño García, Outlet Point, S.L.

Avogados: letrado/a de Fogasa, David Alonso Alonso

Edicto (RSU 1169/2020)

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1169/2020 desta sección, seguido por instancia de Iberpor Hogar, S.L. contra María Cristina Meiriño García, Outlet Point, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento disciplinario, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos:

Desestimando o recurso de suplicación interposto pola entidade mercantil Iberpor Hogar, S.L. contra a Sentenza do 18 de decembro de 2019, do Xulgado do Social número 1 de Vigo, ditada en xuízo seguido por instancia de María Cristina Meiriño García contra a recorrente e a entidade mercantil Outlet Point, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, a Sala confírmaa integramente e, en legal consecuencia, condenamos a recorrente á perda de depósitos, consignacións e aseguramentos, e ás custas do recurso de suplicación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Outlet Point, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza