Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 30 de xuño de 2020 Páx. 25842

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 1039/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 1039/2019, seguido por instancia de María Esther Busto Iglesias, M. Antonia Veiga Rodríguez, Esperanza Miño Caamaño e M. del Carmen Veiga Varela contra Compostic Coruña, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, ditouse Sentenza número 140/2020, do 11 de xuño, estimando a demanda, e contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Compostic Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza