Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 30 de xuño de 2020 Páx. 25892

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 17 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2010/269-1, nos concellos de Mazaricos, Outes e Negreira.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LAT 220 kV DC Lousame-Mazaricos, nos concellos de Mazaricos, Outes e Negreira (expediente IN407A 2010/269-1), acto que terá lugar nas dependencias municipais respectivas segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla, sen prexuízo de acudir aos predios se as persoas interesadas así o solicitan.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representados por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 17 de xuño de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2010/269-1.

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT 220 kV DC Lousame-Mazaricos.

Concellos: Mazaricos, Outes e Negreira.

Predio

Concello

Titularidade

Data

Hora

AC-MZ-168

Mazaricos

Josefa González Sieira

23.7.2020

9.15

AC-MZ-170

Mazaricos

Hrdos. de Antonio Ribeiro Fernández

23.7.2020

9.30

AC-OT-83

Outes

María Sieira

30.7.2020

14.15

AC-OT-90

Outes

Francisco Barbazán Ponte

30.7.2020

14.30

AC-OT-166

Outes

Hrdos. de Albina e Carmen Busto Nieto

31.7.2020

10.30

AC-OT-279

Outes

Hrdos. de Dominga e Manuel Almallo Sendón

31.7.2020

12.00

AC-NE-48

Negreira

Rogelio Manuel Blanco Peón e Ana Isabel Pérez Forján

29.7.2020

11.00

AC-NE-206

Negreira

Edelmira García García

29.7.2020

13.30