Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 30 de xuño de 2020 Páx. 25838

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 4180/2019-CON).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 4180/2019-CON

Xulgado de orixe/autos: SSS Seguridade Social 828/2018 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado/a: letrado/a da Seguridade Social

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Transportes Mosquera Bras, S.L., Mutua Asepeyo, Mutua Montañesa, Carlos Boullosa Suárez e Transbocart 2015, S.L.

Avogados/as: letrado/a da Tesouraría da Seguridade Social, Beatriz Lago Gómez, Cristina Gloria González de la Rasilla, Francisco Eugenio Pazos Pesado e Mónica Salgueiro Alonso

Procuradoras: María Fara Aguiar Boudin, Isabel María Castiñeiras Fandiño

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4180/2019-CON desta sala, seguido por instancia de Carlos Boullosa Suárez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social Tesouraría Xeral de la Seguridade Social, Transportes Mosquera Bras, S.L., Mutua Asepeyo, Mutua Montañesa e Transbocart 2015, S.L. sobre accidente, foi ditada a seguinte resolución:

«Que, estimando o recurso de suplicación interposto pola letrada da Administración da Seguridade Social en nome e representación do INSS, contra a Sentenza do 1 de marzo de 2019, do Xulgado do Social número 1 de Vigo, revogámola en parte, no sentido de declarar que a IP absoluta recoñecida, deriva de accidente de traballo e, en consecuencia, se condena a Mutua Montañesa á capitalización para o pagamento dunha pensión do 100 % da súa base reguladora por continxencias profesionais, sen prexuízo da responsabilidade por reaseguro do INNS-TXSS. Sen custas.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se presentará mediante escrito ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Transbocart 2015, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza