Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 1 de xullo de 2020 Páx. 26062

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 17 de xuño de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos PO 141/2020 e PO 142/2020 contra o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único de persoal laboral da Xunta de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 2, do 3 de xaneiro).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados nos recursos contenciosos-administrativos PO 141/2020 e PO 142/2020, contra o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único de persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 2, do 3 de xaneiro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a achega dos correspondentess expedientes administrativos á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos á referida sala no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública