Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 1 de xullo de 2020 Páx. 26073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 16 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución dun expediente sancionador por infracción na orde social número 1/2020.

Notifícaselle ao interesado, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución do expediente sancionador que se relaciona no anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela) a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño) do Regulamento xeral sobre procedemento para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme a todos os efectos.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, 79, 7º, Ourense.

Ourense, 16 de xuño de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expte.

Nº acta infracción

NIF/CIF

Último domicilio coñecido

Data
da resolución

Importe
da sanción

1/2020

I322019000024662

44488747P

Lg. San Paio, 72, 32400 Ribadavia (Ourense)

7.2.2020

1.250,00 €