Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 1 de xullo de 2020 Páx. 26064

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 12 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a A Ponte, S.C.G. para unha explotación avícola de engorda de polos nas Lagoas Miumentos-Piúca, no concello de Maceda (expediente 2019-IPPC-M-70).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, e consonte co sinalado na Orde do 27 de abril de 2020, pola que se acorda o inicio e/ou a continuación da tramitación de determinados procedementos indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, durante a vixencia do estado de alarma (DOG núm. 84, do 4 de maio), sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

Memoria de renovación de autorización ambiental integrada A Ponte Río.

Explotación gandeira de ceba para 248.625 polos broiler.

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

Anexo

Expediente: 2019-IPPC-M-70.

Número da autorización ambiental integrada: 2007/0094_NAA/IPPC_139.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.a) do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: A Ponte, S.C.G.

NIF: F32172322.

Localización da instalación: lugar das Lagoas Miumentos-Piúca, 32703 Maceda (Ourense). Referencias catastrais das parcelas: 32044A503000600000YO, 32044A503000610000YK.

Actividade principal: explotación avícola de engorda de polos.

Descrición: a explotación está conformada por 5 naves de 17 × 200 m con 2 silos para o almacenamento de penso en cada nave. Cada nave divídese en dúas cunha sala de control no medio, polo tanto, a nivel operativo trataríase de 10 naves con capacidade para albergar 248.625 polos broiler.

O sistema de manexo empregado nesta explotación é todo dentro-todo fóra; o ciclo produtivo ten unha duración aproximada de 50 días, tras o cal as aves son enviadas ao matadoiro.

Unha vez que se desaloxan as naves procédese á limpeza e desinfección destas. O baleiro sanitario dura 10-15 días, tras o cal se procede a iniciar a preparación das naves con repartición da cama para albergar un novo ciclo produtivo.

A totalidade do esterco producido na explotación será enviado a un xestor autorizado. Para o almacenamento do esterco, a explotación conta cunha esterqueira cuberta.

Verteduras: os efluentes xerados na explotación son exclusivamente de natureza doméstica. A explotación conta cunha vivenda para o encargado da explotación que, de forma eventual, pode estar habitada ou non. Á entrada da explotación existe unha zona onde se atopan a oficina para o control administrativo e os aseos e vestiarios do persoal. As augas tanto da vivenda como dos aseos e vestiarios condúcense ata unha fosa séptica para cada fluxo de auga de forma independente.

As augas pluviais discorren pola parcela; para evitar a incorporación das augas de escoamento de chuvia procedentes do exterior do recinto da explotación existen desvíos de auga como cunetas perimétricas.