Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 1 de xullo de 2020 Páx. 26048

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 22 de xuño de 2020 pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo).

A Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo) pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia establece na súa base décimo novena que as persoas aspirantes que superen o procedemento selectivo quedan obrigadas a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a realización da fase de prácticas.

Na Orde do 31 de xullo de 2019 (DOG do 23 de agosto), modificada pola Orde do 10 de decembro de 2019 (DOG do 19 de decembro), faise pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición convocado pola Orde do 21 de febreiro de 2019.

Pola Orde do 2 de agosto de 2019 (DOG do 26 de agosto) nomeáronse funcionarias en prácticas do corpo de mestres as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo) e igualmente nomeouse funcionario en prácticas a Santiago José Cruz Muñoz, que tiña concedido o aprazamento da fase de prácticas no procedemento selectivo convocado pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril).

Mediante a Orde do 2 de agosto de 2019 concedéuselle o aprazamento da fase de prácticas a Antía Cores Torres, do corpo de mestres, que superou o procedemento selectivo convocado pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo).

Pola Orde do 18 de setembro de 2019 (DOG do 30 de setembro) nomeáronse funcionarios e funcionarias en prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas e de profesores técnicos de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo), agás a Andrea Fidalgo Giráldez, DNI ***9040**, especialidade de lingua castelá e literatura; Lorena Barbeito Barciela, DNI ***9239**, especialidade de xeografía e historia; María Cristina Vilas Taboada, ***9983**, especialidade de matemáticas; Vanesa Vázquez Novo, DNI ***8636**, especialidade inglés; Andrea Castelo Veiga, DNI ***9490**, especialidade de lingua galega e literatura; Javier Telmo Miranda, DNI ***3731**, especialidade de organización e proxectos de fabricación mecánica; a José Crecente Campo, DNI ***7728**, especialidade de procesos na industria alimentaria, e a María José Pazos García, DNI ***1824**, especialidade de procesos de xestión administrativa, ás cales se lle concede aprazamento da fase de prácticas.

Mediante esa Orde do 18 de setembro de 2019 tamén se nomearon funcionarios en prácticas Marcos Salgado Rodríguez, con DNI ***6075**, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de xeografía e historia, por non ter superada a fase de prácticas, así como Carlos Lixó Gómez, con DNI ***8744**, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de xeografía e historia, e Alba Carballo González, con DNI ***5491**, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de matemáticas, que tiñan concedido o aprazamento da fase de prácticas nos procedementos selectivos dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG do 21 de marzo).

Así mesmo, mediante a Orde do 30 de outubro de 2019 (DOG do 13 de novembro) modifícase a Orde do 31 de xullo de 2018 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG do 21 de marzo), incluído David González Fernández, DNI ***1769**, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de inglés.

Unha vez finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

DISPÓN:

Primeiro. Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente as persoas opositoras seleccionadas no procedemento selectivo para o ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de ingreso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional e ao corpo de mestres convocado pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo), agás a María Mercedes Argibay Pérez, DNI ***5984**, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de formación e orientación laboral, que non puido ser avaliada da fase de prácticas, así como as seguintes persoas por ter concedido aprazamento da fase de prácticas: Antía Cores Torres, do corpo de mestres da especialidade de primaria; Andrea Fidalgo Giráldez, do corpo de profesores de ensino secundario da especialidade de lingua castelá e literatura; Lorena Barbeito Barciela, do corpo de profesores de ensino secundario da especialidade de xeografía e historia; María Cristina Vilas Taboada, do corpo de profesores de ensino secundario da especialidade matemáticas; Vanesa Vázquez Novo, do corpo de profesores de ensino secundario da especialidade de inglés; Andrea Castelo Veiga, do corpo de profesores de ensino secundario da especialidade de lingua galega e literatura; Javier Telmo Miranda, do corpo de profesores de ensino secundario da especialidade de organización e proxectos de fabricación mecánica; José Crecente Campo, do corpo de profesores de ensino secundario da especialidade de procesos na industria alimentaria, e a María José Pazos García, do corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de procesos de xestión administrativa.

Segundo. Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente as persoas opositoras do corpo de mestres Santiago José Cruz Muñoz, que tiña concedido un novo aprazamento da fase de prácticas e superou o procedemento selectivo convocado pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril) e Ana Isabel González Molanes, que non puido ser avaliada da fase de prácticas e superou o procedemento selectivo convocado pola Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG do 21 de marzo).

Terceiro. Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente as persoas opositoras Marcos Salgado Rodríguez, con DNI ***6075**, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de xeografía e historia, por non ter superada a fase de prácticas, así como Carlos Lixó Gómez, con DNI ***8744**, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de xeografía e historia, e Alba Carballo González, con DNI ***5491**, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de matemáticas, que tiñan concedido o aprazamento da fase de prácticas nos procedementos selectivos dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG do 21 de marzo), así como David González Fernández, DNI ***1769**, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de inglés.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional