Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 1 de xullo de 2020 Páx. 26053

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3987/2019 MJC).

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3987/2019 desta sección, seguido por instancia de Ambuibérica, S.L. contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., Francisco José Rodríguez Pérez e o Fondo de Garantía Salarial Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da codemandada Ambuibérica, S.L. contra a Sentenza do 7.2.2019, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela en autos 664/17, confirmamos a sentenza impugnada.

Condenamos a entidade recorrente a aboar os honorarios de letrado da demandante e impugnante da suplicación por importe de seiscentos un euros (601 €). De acordo co artigo 235.1 da LXS, a empresa demandada-recorrente debe aboar os honorarios do letrado da demandante-impugnante do recurso. Déase aos depósitos constituídos o destino legal correspondente.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza