Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 2 de xullo de 2020 Páx. 26192

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2020 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes á área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra (códigos de procedemento VI408L, VI408M e VI408N).

No Boletín Oficial del Estado número 61, do 10 de marzo de 2018, publicouse o Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021, o cal prevé un Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural, que en Galicia se xestiona a través da figura das áreas de rehabilitación integral.

A área de rehabilitación integral supramunicipal da Ribeira Sacra foi declarada mediante a resolución ditada o 21 de febreiro de 2020, pola Presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo (Diario Oficial de Galicia núm. 78, do 23 de abril). O ámbito desta área comprende 25 concellos (13 na provincia de Lugo e 12 na provincia de Ourense), os cales teñen un total de 433 parroquias e 2.742 núcleos de poboación.

A área de rehabilitación integral supramunicipal da Ribeira Sacra é xestionada directamente pola Comunidade Autónoma de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, polo que cómpre regular especificamente a participación das persoas e das entidades interesadas no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural no ámbito desta área. Así mesmo, é preciso establecer as bases reguladoras para a concesión das correspondentes axudas deste programa.

De conformidade co previsto no artigo 49 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, o financiamento deste programa exixe a subscrición dun acordo no seo da Comisión Bilateral de Seguimento do Plan estatal de vivenda 2018-2021 entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e a Comunidade Autónoma de Galicia. Para estes efectos, o 14 de maio de 2020 asinouse o correspondente acordo específico de financiamento da área de rehabilitación integral supramunicipal da Ribeira Sacra.

As actuacións que afectan esta área intégranse dentro do eixo 2º do programa 3º do Plan RehaVita: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora do acceso á vivenda 2015-2020, aprobado o 12 de febreiro de 2015 polo Consello da Xunta de Galicia.

No marco deste programa poderanse financiar as actuacións de rehabilitación e renovación de edificios de tipoloxía residencial colectiva e de vivendas, así como as obras de mellora da calidade e sustentabilidade do medio urbano en espazos públicos que se realicen no ámbito desta área, se así se recollen no correspondente acordo específico e en cada convocatoria deste programa.

Para participar neste programa de rexeneración e renovación urbana e rural é necesario obter a cualificación provisional da actuación e, unha vez rematadas as obras, a cualificación definitiva. Posteriormente, ao abeiro da normativa pola que se realizan as convocatorias das axudas para esta área de rehabilitación, poderán presentarse as correspondentes solicitudes.

Á vista do anterior e en virtude das atribucións que me confire o Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo,

RESOLVO:

I. Disposicións xerais

Primeiro. Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto regular o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural previsto no Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021 (en diante, Plan 2018-2021), no ámbito da área de rehabilitación integral (en diante, ARI) da Ribeira Sacra, e abrir o prazo para solicitar a participación neste programa (códigos de procedemento VI408L e VI408M).

2. Así mesmo, por medio desta resolución, apróbanse as bases reguladoras que rexerán na Comunidade Autónoma de Galicia a concesión das subvencións previstas para este programa nos acordos que se asinen entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e o Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) para o financiamento da ARI da Ribeira Sacra (código de procedemento VI408N).

Segundo. Definicións

Para os efectos da aplicación desta resolución, os termos incluídos neste ordinal interpretaranse co significado e alcance seguintes:

a) Edificio de tipoloxía residencial colectiva: edificio composto por máis dunha vivenda, cuxo uso predominante sexa o residencial e onde cada vivenda conte coa correspondente referencia catastral.

b) Vivenda unifamiliar: vivenda situada nun edificio independente, cuxo uso predominante sexa o residencial e no cal non existe ningunha outra vivenda, e que conte coa correspondente referencia catastral. As vivendas unifamiliares poden ser illadas ou agrupadas en fila.

c) Residencia habitual e permanente dunha unidade de convivencia: domicilio no cal constan empadroadas as persoas integrantes da correspondente unidade.

d) Unidade de convivencia da persoa beneficiaria: conxunto de persoas que habitan e gozan dunha vivenda de forma habitual e permanente e con vocación de estabilidade, con independencia da relación que exista entre todas elas. Unha unidade de convivencia pode estar composta por varias unidades familiares. A composición da unidade familiar será a que se estableza na normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.

e) Persoa maior de 65 anos: aquela que na data de presentación da solicitude teña 65 ou máis anos.

f) Persoa menor de 35 anos: aquela que na data de presentación da solicitude non teña cumpridos os 35 anos.

g) Persoa con discapacidade: interpretarase de conformidade co Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.

h) Agrupación de persoas propietarias: agrupación, formalmente constituída, de persoas propietarias de edificios de tipoloxía residencial colectiva que reúnen os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e que non outorgaran o título constitutivo da propiedade horizontal. Estas agrupacións deberán dispoñer do seu correspondente número de identificación fiscal.

i) Indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM): indicador definido no Real decreto lei 3/2004, do 25 de xuño, para a racionalización da regulación do salario mínimo interprofesional e para o incremento da súa contía; considerarase unha unidade de medida para a determinación da contía dos ingresos familiares, no seu cómputo anual, incluíndo dúas pagas extras. Para os efectos destas axudas, tomarase en consideración o IPREM do ano que se especifique na correspondente convocatoria.

Terceiro. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se efectúen ou deixen de efectuar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións na conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou for expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez (10) días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, o IGVS efectuará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Cuarto. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, o IGVS publicará no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) e na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, as persoas beneficiarias das subvencións están obrigadas a subministrar ao IGVS, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no DOG.

Quinto. Información básica sobre a protección de datos persoais

Os datos persoais obtidos nestes procedementos serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia–IGVS coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión destes procedementos e a actualización da información e dos contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha dos procedementos incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, esta circunstancia reflectirase no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias cando sexa necesario para tramitar e resolver os seus procedementos ou para que a cidadanía poida acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de dar a publicidade exixida aos procedementos, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito nesta norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Sexto. Remisión normativa

En todo o non recollido nesta resolución aplicarase o disposto no Real decreto 106/2018, do 9 de marzo; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no seu regulamento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; na Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia; na Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Sétimo. Recursos contra esta resolución

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan presentar calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Presidencia do IGVS no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

b) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Oitavo. Habilitación para o desenvolvemento

Habilítase a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS para ditar as resolucións que sexan necesarias para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución, así como para adoptar os acordos, instrucións e aclaracións que sexan precisos para a xestión deste programa.

Noveno. Eficacia

Esta resolución producirá efectos a partir do día seguinte hábil ao da súa publicación no DOG.

II. Participación no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural no ámbito da ARI da Ribeira Sacra

Décimo. Ámbito do programa

1. As actuacións de rehabilitación e de renovación, así como, de ser o caso, as obras de mellora da calidade e sustentabilidade do medio urbano en espazos públicos, deberán realizarse no ámbito desta ARI, que comprende os 25 concellos seguintes, pertencentes á provincia de Lugo e de Ourense, de acordo coa relación de parroquias que figuran no anexo I desta resolución:

Bóveda, Carballedo, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Chantada, Esgos, Manzaneda, Monforte de Lemos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Pantón, Parada de Sil, Paradela, A Peroxa, A Pobra de Trives, A Pobra de Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, San Xoán de Río, O Saviñao, Sober, Taboada, A Teixeira e Xunqueira de Espadanedo.

2. Naqueles concellos que xa teñan unha ARI declarada no seu termo municipal manterase a vixencia dos acordos de financiamento xa asinados con estes concellos.

3. Naqueles concellos atravesados polo Camiño de Inverno e polo Camiño Francés, a ARI da Ribeira Sacra prevalecerá sobre o trazado da ARI destes Camiños de Santiago. En consecuencia, as parroquias destes concellos sinaladas no citado anexo I, que estean dentro do ámbito destes dous Camiños de Santiago, quedan excluídas destes para integrarse na ARI da Ribeira Sacra.

4. As solicitudes de cualificación provisional ou definitiva para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas situadas en parroquias que estean no trazado do Camiño de Inverno e do Camiño Francés da ARI dos Camiños de Santiago correspondentes a concellos comprendidos na ARI da Ribeira Sacra que na data da publicación desta resolución no DOG estean pendentes de resolver, tramitaranse e resolveranse segundo a normativa correspondente á ARI dos Camiños de Santiago.

5. A partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, as solicitudes de cualificación provisional para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas situadas en parroquias que estean no trazado do Camiño de Inverno e do Camiño Francés da ARI dos Camiños de Santiago correspondentes a concellos comprendidos na ARI da Ribeira Sacra deberán realizarse no marco desta resolución ou da normativa que a substitúa. No suposto de que se presenten ao abeiro da normativa da ARI dos Camiños de Santiago, tramitaranse de conformidade con este programa.

Décimo primeiro. Actuacións obxecto de cualificación

1. De conformidade co artigo 51 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, son actuacións obxecto de cualificación as seguintes:

a) As previstas no artigo 36 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, para o Programa de fomento da mellora da eficiencia enerxética e da sustentabilidade en vivendas, sempre que se acade unha redución da demanda enerxética nos termos establecidos no citado artigo.

b) As previstas no artigo 43 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, para o Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas.

c) A execución de obras e/ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, mesmo no interior das vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos aos estándares previstos pola normativa vixente.

d) As obras de demolición de edificios, de vivendas e infravivendas e as obras de construción de edificios de vivendas e vivendas de nova construción, en substitución doutros previamente demolidos. Os novos edificios e vivendas deberán ter unha cualificación enerxética mínima B e cumprir, en todo caso, coas exixencias do Código técnico da edificación.

e) A execución das seguintes obras de mellora da calidade e sustentabilidade do medio urbano:

– As de urbanización e reurbanización material dos espazos públicos, tales como consolidación, pavimentación, xardinaría, infraestruturas, instalacións, servizos de abastecemento de auga, saneamento, subministración enerxética, iluminación, recollida, separación e xestión de residuos, telecomunicacións e utilización do subsolo.

– As de mellora da accesibilidade dos espazos públicos.

– As de mellora da eficiencia ambiental nas seguintes materias:

– En materia de auga, as de redución do uso de auga potable e de rega, as de xestión sustentable das escorras urbanas, as augas pluviais e residuais, e as de xestión de depuración e o seu retorno adecuado ao medio.

– En materia de enerxía, as de mellora da eficiencia enerxética en edificación e en servizos urbanos, as de implantación de enerxías renovables e sistemas de climatización centralizada ou de distrito, considerados eficientes segundo a Directiva 2012/27/UE; as de fomento da mobilidade sustentable e, en xeral, todas aqueloutras destinadas a reducir a demanda enerxética, as emisións de gases contaminantes e a aumentar o uso de enerxías renovables.

– En materia de xestión de residuos e uso de materiais, as de mellora da reciclaxe dos materiais, conforme os plans nacionais ou autonómicos de recollida de residuos, as de uso, tanto de materiais reciclados ou renovables en edificacións e en urbanizacións como de materiais locais, ligados a estratexias de promoción dunha xestión sustentable do territorio.

– En materia de protección e mellora da biodiversidade, as infraestruturas verdes urbanas, como as propostas de conectividade de espazos verdes, de promoción de cubertas verdes ou de implantación de especies adecuadas ao medio.

2. As actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas deberán estar entre as comprendidas no catálogo de actuacións que se incorpora como anexo II a esta resolución.

3. En cada convocatoria das axudas deste programa especificaranse os tipos de actuacións subvencionables de entre as sinaladas neste ordinal, en función do financiamento dispoñible.

Décimo segundo. Requisitos das actuacións

1. Serán subvencionables as actuacións realizadas en vivendas unifamiliares, en edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva ou nas vivendas situadas nestes edificios. Tamén serán subvencionables as actuacións sinaladas no punto 1.e) do ordinal décimo primeiro que se realicen nos espazos públicos situados nos ámbitos das ARI.

2. As actuacións deberán dispoñer de licenza municipal ou, se é o caso, someterse ao réxime de intervención municipal de comunicación previa, así como dispoñer de todas as autorizacións sectoriais preceptivas.

3. As actuacións deberán axustarse ao proxecto de execución das obras, presentado coa solicitude de cualificación provisional ou, se é o caso, á memoria elaborada para a súa execución. A memoria deberá estar asinada por un/unha técnico/a competente, este/a será o/a profesional con capacidade técnica suficiente para redactar o orzamento, dirixir ou executar a obra.

O proxecto ou a memoria técnica deberá conter todas as especificacións que xustifiquen as actuacións que se van executar, así como un resumo en capítulos dos tipos de obra que se vaian executar, e sinalará o seu importe. No suposto de que as obras supoñan unha mellora da eficiencia enerxética, deberase especificar a porcentaxe desa mellora respecto da situación de partida.

As actuacións que se vaian executar deberanse especificar de conformidade coa desagregación establecida no modelo de solicitude de cualificación provisional.

4. As actuacións de rehabilitación e renovación realizaranse de conformidade cos criterios fixados na Guía de cor e materiais elaborada pola Xunta de Galicia.

5. Na execución das actuacións de renovación exíxese a demolición da edificación orixinaria.

6. No caso de se realizaren actuacións en edificios de tipoloxía residencial colectiva, será requisito necesario o acordo validamente adoptado da comunidade de persoas propietarias ou da agrupación de comunidades de persoas propietarias, de executar as obras.

7. As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de xaneiro do ano en que se presente a solicitude de cualificación provisional e non poderán en ningún caso estar finalizadas na data da presentación desa solicitude.

8. O prazo máximo de execución da actuación virá determinado na resolución de cualificación provisional.

9. O custo de todas as actuacións subvencionables incluirá tamén os honorarios das persoas profesionais que interveñan, o custo da redacción dos proxectos, das direccións técnicas ou facultativas, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e calquera outro gasto similar, derivado da actuación, sempre que estean debidamente xustificados. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.

10. O custo subvencionable das obras, incluídos os gastos sinalados no punto anterior, non poderá superar os custos medios do mercado que correspondan a tales actuacións, os cales se determinarán de conformidade coa última edición publicada da base de prezos da construción de Galicia ou normativa que a substitúa.

Décimo terceiro. Procedemento de cualificación das actuacións

1. Para participar neste programa, as persoas ou entidades interesadas deberán solicitar á área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda, o edificio ou espazo público a cualificación provisional das actuacións de rehabilitación ou renovación e, de ser o caso, das obras de mellora da calidade e sustentabilidade do medio urbano (código do procedemento VI408L).

2. A cualificación provisional é a resolución administrativa que contén a identificación da persoa ou entidade solicitante, o tipo de actuación que se vai executar, o seu prazo de execución, o orzamento máximo protexible e, de ser o caso, o número de vivendas e locais que comprenda a actuación, así como a relación das persoas propietarias partícipes nas obras.

3. A cualificación provisional pode solicitarse en calquera momento anterior á finalización das obras.

4. No prazo máximo dun mes, que se empezará a contar desde a data de remate das obras e, en todo caso, desde a data de cumprimento do prazo máximo de execución fixado na resolución de cualificación provisional, a persoa ou entidade promotora deberá solicitar á correspondente área provincial do IGVS a cualificación definitiva das actuacións (código do procedemento VI408M). En todo caso, se as obras rematasen antes do prazo máximo de execución fixado na resolución de cualificación provisional, a persoa interesada deberá solicitar a cualificación definitiva no prazo máximo dun mes desde o remate das obras.

5. A cualificación definitiva é a resolución administrativa que constata a realización das actuacións e na cal se expresa o tipo de actuación realizada, o importe do orzamento protexible, así como o gasto efectivamente xustificado.

6. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se as solicitudes de cualificación, provisional ou definitiva, ou a documentación presentada xunto con elas non reunisen os requisitos exixidos, requirirase a persoa ou entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa indicación de que, si así non o fixer, se dará por desistida da súa petición.

O IGVS poderá realizar, en calquera momento, as comprobacións e as inspeccións técnicas que considere oportunas, co obxecto de verificar o cumprimento das condicións que servirán de base para o outorgamento da correspondente cualificación, así como a comprobación material do investimento para os efectos previstos nos números 2 e 3 do artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

7. A competencia para instruír os procedementos de cualificación provisional e definitiva correspóndelles ás áreas provinciais do IGVS onde se atope o edificio, a vivenda ou o espazo público obxecto das actuacións, de ser o caso; as resolucións de cualificación provisional e definitiva serán ditadas pola persoa titular da xefatura territorial do IGVS.

8. O prazo para ditar e notificar as resolucións sobre cualificación, provisional ou definitiva, será de dous meses, que se contarán desde a data da presentación da solicitude da cualificación provisional ou, se é o caso, definitiva. Transcorrido o dito prazo sen que se notifique a resolución expresa, esta entenderase denegada. Contra as resolucións de cualificación provisional ou definitiva poderase interpor un recurso de alzada ante a persoa titular da Presidencia do IGVS, no prazo dun (1) mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa notificación.

9. Serán causas de denegación da cualificación provisional, entre outras, as seguintes:

a) Que o edificio ou a vivenda que se pretende rehabilitar ou renovar ou, se é o caso, o espazo público en que se vaian realizar obras de mellora da calidade e sustentabilidade do medio urbano, non se atope no ámbito da ARI da Ribeira Sacra, segundo o establecido no ordinal décimo desta resolución.

b) Que a actuación prevista non se atope entre as actuacións de rehabilitación, renovación ou, se é o caso, de mellora da calidade e sustentabilidade do medio urbano recollidas neste programa.

c) Que a obra obxecto de execución xa estivese rematada na data da presentación da solicitude de cualificación provisional.

d) Que a solicitude se presentase fóra de prazo.

e) Que a actuación non se axuste ás determinacións do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo.

10. Serán causas de denegación da cualificación definitiva, entre outras, as seguintes:

a) Que non se executen as obras de conformidade co previsto na resolución de cualificación provisional, que se executen parcialmente ou se executen obras distintas das previstas na citada resolución de cualificación provisional.

b) Que se incumpra o prazo de execución previsto na resolución de cualificación provisional.

c) Que a solicitude se presentase fóra de prazo.

d) Que non se executen as obras de conformidade coa licenza de obras ou non se cumpran as condicións recollidas nela ou coa comunicación previa, no caso de que a actuación non estivese sometida a licenza.

e) Que se comprobase ou coñecese, en calquera momento, por parte do IGVS, que a obra obxecto de execución xa estivese rematada con anterioridade á data da presentación da solicitude de cualificación provisional.

f) Que o obxecto da actuación non sexa a rehabilitación ou renovación dunha vivenda e tampouco dun edificio de tipoloxía residencial colectiva, entendido de conformidade coas determinacións do Plan 2018-2021.

Décimo cuarto. Persoas ou entidades solicitantes da cualificación provisional

1. Poderán solicitar a cualificación provisional:

a) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

b) As agrupacións de persoas propietarias.

c) As persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas.

d) As administracións públicas con competencias neste ámbito para as actuacións sinaladas no punto 1.e) do ordinal décimo primeiro.

2. Para solicitar a cualificación definitiva, será requisito necesario estar en posesión da cualificación provisional.

3. A obtención da cualificación provisional ou definitiva non xera para a súa persoa titular o dereito á concesión da subvención nin comporta a súa consideración de persoa beneficiaria da axuda.

Décimo quinto. Prazo de presentación de solicitudes de cualificación

O prazo de presentación de solicitudes de cualificación provisional e de cualificación definitiva das actuacións abrirase o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e finalizará en todo caso o 31 de decembro de 2021.

Sen prexuízo do anterior, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, poderase pechar o prazo para a presentación das solicitudes de cualificación provisional e cualificación definitiva, en atención ao financiamento previsto nos correspondentes acordos específicos asinados no seo da Comisión Bilateral. A resolución de peche do prazo de presentación de solicitudes publicarase no DOG e na páxina web do IGVS.

Décimo sexto. Forma de presentación das solicitudes de cualificación

1. As solicitudes para as cualificacións provisional e definitiva realizaranse mediante a presentación dos modelos que se incorporan, respectivamente, como anexo III (código de procedemento VI408L) e anexo IV (código do procedemento VI408M) desta resolución. Deberán dirixirse á área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda ou o edificio ou, de ser o caso, o espazo público en que se vaian realizar as obras de mellora da calidade e sustentabilidade do medio urbano.

2. As persoas físicas presentarán as solicitudes preferiblemente por vía electrónica, a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderán presentar as solicitudes de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. As persoas xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica, así como quen actúe na súa representación, deberán presentar as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. No caso de presentar a súa solicitude de forma presencial, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

4. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

Décimo sétimo. Documentación complementaria para a solicitude de cualificación provisional

1. Coa solicitude de cualificación provisional deberá achegarse a seguinte documentación:

a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa ou entidade solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos.

b) Documentación acreditativa da titularidade do inmoble, no caso de persoas físicas solicitantes e de agrupacións de persoas propietarias.

c) Acta de constitución da comunidade de persoas propietarias ou documento de constitución como agrupación de comunidades de persoas propietarias.

d) Certificado da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, no cal se recolla tanto o acordo de participar neste programa como o nomeamento da persoa que represente na tramitación do expediente a comunidade ou a agrupación de comunidades de persoas propietarias ou a agrupación de persoas propietarias, conforme o modelo que se xunta como anexo V.

e) Proxecto de execución das obras ou, se non for preciso para a súa autorización, memoria descritiva das actuacións que se van realizar, que deberán identificar o edificio ou a vivenda, incluír fotografías onde se amosen os elementos que se rehabilitarán, así como o orzamento desagregado e detallado do investimento.

f) Certificado do inicio das obras, emitido pola persoa técnica responsable da obra, no caso de obras iniciadas con anterioridade á data da publicación desta resolución no DOG.

g) Licenza municipal de obras, no caso de que sexa necesaria pola actuación que se realice. No suposto de non contar aínda coa licenza, achegarase a correspondente solicitude de licenza.

h) Comunicación previa ao concello, cando a actuación non estea sometida á licenza. No caso de ter transcorridos máis de quince días hábiles, contados desde a data da presentación da comunicación previa ao concello, esta deberá vir acompañada dunha declaración responsable da actuación de non ter sido requirido para a súa emenda.

i) Plano de situación da vivenda ou do edificio ou, se é o caso, do espazo público en que se vaian realizar obras de mellora da calidade e sustentabilidade do medio urbano.

j) No caso de edificios ou vivendas declarados ben de interese cultural (en diante, BIC), catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente, documentación xustificativa destas circunstancias.

k) Certificación da demanda enerxética ou do consumo de enerxía non renovable previa á actuación ou, de ser o caso, dos demais documentos xustificativos da situación previa para as actuacións previstas no artigo 36 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, do Programa de fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas.

l) Anexo VI, no cal se relacionen as vivendas e os locais do edificio partícipes nas actuacións de rehabilitación ou renovación, no caso de que a solicitante sexa unha persoa física propietaria dunha vivenda unifamiliar ou dunha vivenda en edificio de tipoloxía residencial colectiva ou unha comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias ou agrupación de persoas propietarias.

2. Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa ou entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas ou entidades interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

3. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa ou entidade interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Décimo oitavo. Documentación complementaria para a solicitude de cualificación definitiva

Coa solicitude de cualificación definitiva deberá achegarse a seguinte documentación:

a) Reportaxe fotográfica que amose as obras realizadas.

b) Memoria en que se describan as actuacións realizadas e na cal se xustifique, de ser o caso, o aforro enerxético derivado da actuación.

c) Facturas das persoas provedoras que participaron na execución das obras, que deberán reflectir de xeito desagregado o seu importe e a súa descrición conforme o anexo VII.

d) Documentos bancarios acreditativos do pagamento das facturas presentadas. Non se admitirán pagamentos en efectivo, nin se admitirán como xustificantes os obtidos a través da rede internet se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos de verificación na sede electrónica desa entidade bancaria. Excepcionalmente, admitirase o recibo da persoa provedora para gastos por importes inferiores a 1.000 euros.

e) Licenzas e/ou autorizacións preceptivas, no caso de non telas achegado con anterioridade.

f) Certificado do inicio das obras, emitido pola persoa técnica responsable da obra, no caso de non ter iniciadas as obras con anterioridade á publicación desta resolución no DOG.

g) Certificado do remate das obras, no cal se faga constar que as actuacións se realizaron conforme os criterios fixados na Guía de cor e materiais elaborada pola Xunta de Galicia.

h) Copia de, polo menos, tres ofertas de diferentes provedores, no suposto de que o importe do custo que se executará supere a contía de 40.000 euros. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa, nos termos establecidos no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

i) Para as actuacións previstas no artigo 36 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, do Programa do fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas, de ser o caso:

– Certificado de eficiencia enerxética obtido unha vez realizadas as actuacións, no cal se acredite a redución da demanda ou de consumo, emitido por persoa técnica competente.

– Acta de medición que acredite a mellora das condicións de protección fronte ao ruído, se non se xustifica previamente mediante as opcións recollidas no documento básico de protección fronte ao ruído do Código técnico de edificación.

– Acta de medición da situación unha vez finalizadas as obras, que acredite o cumprimento da redución de forma efectiva da concentración da media anual de radón no interior da vivenda, de non utilizar as solucións que recolla o documento básico de salubridade-protección fronte ao radón do Código técnico de edificación.

2. Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa ou entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas ou entidades interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

3. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa ou entidade interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Décimo noveno. Forma de presentación da documentación complementaria

1. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. Para o caso de que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

3. As persoas e as entidades solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas. Excepcionalmente, o IGVS poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo coa copia electrónica presentada.

4. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica superar os tamaños máximos establecidos ou tiver un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial, sen prexuízo dos requirimentos que, para estes efectos, lle poida realizar o órgano instrutor.

A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Vixésimo. Trámites posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas e ás entidades interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Vixésimo primeiro. Comprobación de datos

1. Para a tramitación da cualificación provisional (procedemento VI408L) consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) da persoa solicitante.

b) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa física representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificación catastral de titularidade correspondente á persoa ou entidade solicitante ou, de ser o caso, ás persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de persoas propietarias.

f) Consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais da vivenda ou vivendas en que se van levar a cabo as actuacións, que acredite o seu uso para as actuacións promovidas pola persoa ou entidade solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a estas consultas, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado para tal efecto no anexo III e, ao mesmo tempo, achegar os documentos oportunos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

III. Bases reguladoras das subvencións do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural no ámbito da ARI da Ribeira Sacra

Vixésimo segundo. Obxecto e réxime das axudas

1. A concesión das subvencións do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural, previstas nos acordos que se asinen entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e o IGVS para o financiamento da ARI da Ribeira Sacra, rexeranse polo establecido nestas bases reguladoras (código de procedemento VI408N).

2. De conformidade co establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, estas subvencións concederanse polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na resolución de convocatoria pública.

Vixésimo terceiro. Persoas ou entidades beneficiarias

1. Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias destas subvencións:

a) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

b) As agrupacións de persoas propietarias.

c) As persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas.

d) As administracións públicas para as actuacións sinaladas no punto 1.e) do ordinal décimo primeiro.

2. Para que as persoas físicas sexan beneficiarias deberán posuír a nacionalidade española ou, no suposto das persoas estranxeiras, ter a residencia legal en España.

3. Non poderán obter a condición de persoas ou entidades beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro; no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou a quen se lle revogase algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa ou á entidade solicitante.

4. No caso de que a solicitante sexa unha comunidade ou agrupación de comunidades de propietarios/as ou agrupación de persoas propietarias, os requisitos sinalados nos números anteriores deberán cumprilos todos os seus membros.

5. Cando a execución da actuación corresponda a varias persoas beneficiarias, a axuda distribuirase en proporción ao custo asumido por cada unha delas. As persoas beneficiarias destinarán o importe íntegro da axuda ao pagamento das correspondentes actuacións. Cando se trate de comunidades ou agrupación de comunidades de persoas propietarias, esta regra resultará igualmente de aplicación, con independencia de que tanto o importe dela como o custo das obras deba repercutirse nas persoas propietarias e, se é o caso, nos locais comerciais ou predios doutros usos compatibles, de conformidade coas regras previstas na lexislación de propiedade horizontal.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, cando algún dos membros da comunidade ou da agrupación de comunidades de persoas propietarias incorra nunha ou varias das prohibicións establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, non se atribuirá á dita propietaria a parte proporcional que lle correspondería da axuda recibida, que se rateará entre as restantes persoas membros da comunidade ou agrupación.

6. As agrupacións de persoas propietarias non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición de 4 anos, contados desde que venceu o prazo para presentar a xustificación da subvención por parte da entidade beneficiaria.

7. Para ser beneficiarios destas axudas, será requisito necesario que os concellos teñan presentadas no Consello de Contas as contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao da correspondente convocatoria, conforme o artigo 208 e seguintes do texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

8. En cada convocatoria das axudas deste programa especificaranse as persoas ou as entidades beneficiarias de entre as sinaladas neste ordinal, en función do financiamento dispoñible.

Vixésimo cuarto. Determinación da contía da subvención

1. A contía máxima das axudas determinarase atendendo ao custo total da intervención, reflectido na cualificación definitiva, que incluirá, de ser o caso, os custos desagregados da actuación de rehabilitación, renovación ou, de ser o caso, das obras de mellora da calidade e sustentabilidade do medio urbano.

2. O gasto subvencionable fixado na cualificación definitiva determinarase logo da comprobación da execución de todas as obras e da emisión do informe favorable dos servizos técnicos das áreas provinciais do IGVS, en atención ás facturas e aos documentos bancarios de pagamento que se presenten como xustificación destas.

Vixésimo quinto. Subvencións estatais

1. A contía máxima das axudas previstas no Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, non poderá exceder, de forma individualizada, o 40 % do custo subvencionable da actuación.

No caso de actuacións en vivendas unifamiliares ou actuacións no interior de vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva, esta porcentaxe máxima poderá ser do 75 %, cando resulten acreditados ingresos na unidade de convivencia da persoa propietaria, promotora da actuación e residente na vivenda, e estes sexan inferiores a tres veces o IPREM. Esta mesma porcentaxe aplicarase cando se acometan actuacións para a mellora da accesibilidade e se acredite na unidade de convivencia da persoa propietaria, promotora da actuación e residente na vivenda que existen persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos.

2. A contía máxima determinarase atendendo ao custo total da intervención e calcularase multiplicando o número de vivendas polas axudas unitarias establecidas a seguir:

a) Ata 12.000 euros por cada vivenda que se rehabilite, sexa unifamiliar ou en edificio de tipoloxía residencial colectiva, para actuacións de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas, con redución da demanda enerxética, nos termos establecidos no artigo 36 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo.

b) Ata 8.000 euros por cada vivenda que se rehabilite, sexa unifamiliar ou en edificio de tipoloxía residencial colectiva, para actuacións de conservación, de mellora na seguridade de utilización e de accesibilidade en vivendas, nos termos establecidos no artigo 43 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, e para as actuacións de mantemento e intervención sinaladas no artigo 51.1.a) do dito real decreto e no ordinal décimo noveno desta resolución.

c) No caso de edificios de tipoloxía residencial colectiva, as contías sinaladas nas letras a) e b) incrementaranse con 120 euros por cada metro cadrado de superficie construída de local comercial ou outros usos. Ademais, poderá incrementarse en 1.000 euros por vivenda e 10 euros por cada metro cadrado de superficie construída de uso comercial ou outros usos nos edificios e vivendas declarados ben de interese cultural, catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente. Este incremento de 1.000 euros de axuda por vivenda aplicarase soamente unha vez, independentemente de que realicen conxuntamente ou non as actuacións sinaladas nas letras a) e b) deste punto 2.

Para poder computar a contía establecida por cada metro cadrado de uso comercial ou outros usos será necesario que os predios correspondentes participen nos custos de execución da actuación.

Ademais, estas axudas unitarias incrementaranse nun 25 % cando as persoas beneficiarias sexan menores de 35 anos e as actuacións se realicen en concellos de menos de 5.000 habitantes.

d) Ata 30.000 euros, por cada vivenda construída en substitución doutra previamente demolida ou construída, nos casos de infravivenda e chabolismo.

e) Ata 2.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación e/ou por cada vivenda construída, para as actuacións de mellora da calidade e sustentabilidade do medio urbano.

3. Nas actuacións para a mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade, a axuda estará condicionada a que se alcancen os obxectivos de redución de demanda enerxética establecidos no artigo 36 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo.

4. As actuacións obxecto de subvención establecidas neste ordinal poderanse concretar en cada convocatoria en función das dispoñibilidades orzamentarias.

Vixésimo sexto. Subvencións autonómicas

1. O IGVS, con cargo aos seus orzamentos, subvencionará as actuacións na ARI da Ribeira Sacra coa contía máxima seguinte:

– Ata 4.000 euros por vivenda obxecto da actuación de rehabilitación ou renovación, sen que a subvención poida exceder o 10 % do orzamento protexido de actuación da vivenda ou do edificio. Esta contía máxima aplicarase por vivenda independentemente do número de actuacións coas que conte cada unha das vivendas.

– Ata 1.000 euros por vivenda obxecto da actuación de rehabilitación ou renovación, se se adapta á Guía de cores e materiais aprobada pola Xunta de Galicia.

2. As actuacións obxecto de subvención establecidas neste ordinal poderanse concretar en cada convocatoria en función das dispoñibilidades orzamentarias.

Vixésimo sétimo. Solicitudes de subvencións e documentación complementaria. Forma de presentación

1. As persoas físicas presentarán as solicitudes preferiblemente por vía electrónica, a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderán presentar as solicitudes de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As persoas xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica, así como quen actúe na súa representación, deberán presentar as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia htpps://sede.xunta.gal. No caso de presentar a súa solicitude de forma presencial, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

4. As persoas físicas presentarán a documentación complementaria preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

5. As persoas xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica, así como quen actúe na súa representación, deberán presentar a documentación complementaria a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 14.2. da Lei 39/2015, do 1 de outubro. No caso de que se presentase a documentación complementaria presencialmente, requiriranse para que a emenden a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

6. Para o caso de que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

7. As persoas e as entidades solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia ca os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas. Excepcionalmente, o IGVS poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo coa copia electrónica presentada.

8. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica superar os tamaños máximos establecidos ou tiver un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial, sen prexuízo dos requirimentos que, para estes efectos, lle poida realizar o órgano instrutor.

A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Vixésimo oitavo. Órganos competentes para instruír e resolver o procedemento

1. A instrución do procedemento e a formulación da proposta de concesión da subvención correspóndelles ás áreas provinciais do IGVS onde se atope o edificio ou a vivenda obxecto da actuación de rehabilitación ou renovación ou, de ser o caso, o espazo público das obras de mellora da calidade e sustentabilidade do medio urbano.

2. A resolución de concesión será ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Vixésimo noveno. Procedemento de concesión das subvencións

1. O procedemento iníciase de oficio, en réxime de concorrencia non competitiva, mediante a publicación da resolución de convocatoria no DOG.

2. O prazo de presentación de solicitudes será o establecido na correspondente convocatoria.

3. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se as solicitudes non reúnen algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase a persoa solicitante para que no prazo de dez días hábiles emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se dará por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

4. Sen prexuízo do disposto no número anterior, a persoa ou entidade solicitante poderá ser requirida para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

5. O órgano instrutor, logo da comprobación do cumprimento dos requisitos exixidos, elevará a proposta de resolución de concesión de cada expediente á persoa titular da Dirección Xeral do IGVS. Esta proposta conterá a identificación da persoa beneficiaria, o tipo de actuación, o orzamento protexido, o gasto subvencionable e a subvención máxima que lle corresponde.

6. A persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, á vista da proposta efectuada e tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria, resolverá o que en dereito proceda.

Trixésimo. Resolución e recursos

1. A resolución estimará, desestimará ou declarará a inadmisión da axuda solicitada.

2. A resolución estimatoria acordará o outorgamento da subvención, con indicación do gasto subvencionable e do importe da subvención concedida.

3. O prazo para resolver e notificar a concesión será de dous meses, contados desde a data de presentación da solicitude. Finalizado o prazo máximo establecido sen que se dite e notifique a resolución, as persoas ou entidades solicitantes poderán entender rexeitadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. A resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS é susceptible de recurso de alzada ante a persoa titular da Presidencia do IGVS, nun prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Trixésimo primeiro. Modificación da resolución

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Trixésimo segundo. Causas de denegación

1. Será causa de denegación da subvención o incumprimento dalgún dos requisitos exixidos nestas bases ou no resto da normativa que resulte de aplicación.

2. Así mesmo, serán denegadas aquelas solicitudes que non dispuxesen de cobertura orzamentaria no momento da súa resolución. Para estes efectos, o criterio que se utilizará para a súa tramitación será o da maior antigüidade da data de resolución da cualificación definitiva. No caso de igualdade da data de resolución da cualificación definitiva, atenderase á orde cronolóxica de entrada da solicitude completa no correspondente rexistro da área provincial do IGVS. Para tal fin, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que esta quedase validamente presentada, por terse cuberto na forma correcta e ir acompañada da totalidade dos documentos exixidos na resolución de convocatoria.

Trixésimo terceiro. Xustificación e pagamento da subvención

1. A resolución da cualificación definitiva da actuación de rehabilitación ou renovación e, se é o caso, de mellora da calidade e sustentabilidade do medio urbano terá a consideración de memoria de actuación e memoria económica para os efectos do previsto no artigo 48 do regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como de comprobación material do investimento para os efectos previstos no artigo 30, números 2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. O pagamento realizarase por transferencia bancaria na conta sinalada para os efectos pola persoa ou entidade beneficiaria.

Trixésimo cuarto. Obrigas das persoas e das entidades beneficiarias

Ademais das recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, serán obrigas das persoas e das entidades beneficiarias:

a) Facilitar aos órganos competentes toda a información necesaria para asegurar o cumprimento da finalidade da axuda concedida, particularmente a que sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

b) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

c) Destinar a axuda á finalidade para a cal se concede.

d) Dar a publicidade adecuada de que as actuacións están subvencionadas no marco do Plan 2018-2021 polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e a Xunta de Galicia, a través do IGVS.

e) As demais que deriven desta resolución e do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo.

Trixésimo quinto. Perda e reintegro da subvención

1. Poderán ser causa de perda e posterior reintegro da subvención, ademais dos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, os seguintes:

a) O incumprimento das obrigas recollidas no ordinal anterior.

b) A falta de comunicación ao órgano instrutor de calquera modificación das circunstancias determinantes do recoñecemento da subvención.

2. O incumprimento ou a falsidade nas condicións requiridas para o outorgamento da subvención comportará, ademais das sancións que poidan corresponder, o reintegro da subvención percibida, incrementada co xuro legal correspondente desde o seu pagamento, máis o 25 %, segundo establece o artigo 34 da Lei 9/2007, do 13 xuño, salvo que a Lei de orzamentos xerais do Estado estableza outro diferente.

3. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e, de ser o caso, para facer efectiva a devolución, será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Trixésimo sexto. Compatibilidades e incompatibilidades

1. As subvencións deste programa son compatibles con calquera outra axuda pública, sempre e cando a suma do importe de todas elas non supere o custo total da actuación concreta.

2. Non poderán ser beneficiarias deste programa as persoas beneficiarias das axudas do programa de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas, do Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas, do Programa de fomento do parque de vivenda en alugamento e do Programa de fomento de vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade, do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2020

María Ángeles Vázquez Mejuto
Presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO I

Relación de parroquias da ARI da Ribeira Sacra

Provincia

Concello

Parroquias

Ámbito específico

Lugo

Bóveda

Bóveda (San Martiño)

Toda a parroquia

Lugo

Bóveda

Freituxe (Santiago)

Toda a parroquia

Lugo

Bóveda

Guntín (San Cristovo)

Toda a parroquia

Lugo

Bóveda

Martín (San Cristovo)

Toda a parroquia

Lugo

Bóveda

Mosteiro (San Paio)

Toda a parroquia

Lugo

Bóveda

Remesar (San Xoán)

Toda a parroquia

Lugo

Bóveda

Ribas Pequenas (Santiago)

Toda a parroquia

Lugo

Bóveda

San Fiz de Rubián (San Fiz)

Toda a parroquia

Lugo

Bóveda

Rubián (Santiago)

Toda a parroquia

Lugo

Bóveda

Teilán (Santa Baia)

Toda a parroquia

Lugo

Bóveda

Tuimil (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Bóveda

Ver (San Vicenzo)

Toda a parroquia

Lugo

Bóveda

Vilalpape (San Bartolomeu)

Toda a parroquia

Lugo

Bóveda

Vilarbuxán (San Bartolomeu)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

Aguada (Santa Baia)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

Santa Cristina de Asma (Santa Cristina)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

Veascós (Santa Mariña)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

San Salvador de Búbal (San Salvador)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

Santa Baia de Búbal (Santa Baia)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

Buciños (San Miguel)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

San Romao de Campos (San Romao)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

Carballedo (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

Cartelos (Santo Estevo)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

Castro (San Cristovo)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

Santa Mariña do Castro (Santa Mariña)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

A Cova (San Xoán)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

Chouzán (Santo Estevo)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

Erbedeiro (San Pedro)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

Furco (San Gregorio)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

Lobelle (San Cristovo)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

San Mamede de Lousada (San Mamede)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

Lousada (Santiago)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

Marzás (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

Milleirós (San Xoán)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

Oleiros (San Miguel)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

Pradeda (Santiago)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

Temes (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Carballedo

Vilaquinte (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Castro Caldelas

Alais (San Pedro)

Toda a parroquia

Ourense

Castro Caldelas

O Burgo (San Pedro)

Toda a parroquia

Ourense

Castro Caldelas

Camba (San Xoán)

Toda a parroquia

Ourense

Castro Caldelas

Castro Caldelas (San Sebastián)

Toda a parroquia

Ourense

Castro Caldelas

Folgoso (Santiago)

Toda a parroquia

Ourense

Castro Caldelas

Mazaira (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Castro Caldelas

Paradela (San Vicenzo)

Toda a parroquia

Ourense

Castro Caldelas

Pedrouzos (San Mamede)

Toda a parroquia

Ourense

Castro Caldelas

Poboeiros (San Xoán)

Toda a parroquia

Ourense

Castro Caldelas

San Paio de Abeleda (San Paio)

Toda a parroquia

Ourense

Castro Caldelas

Trabazos (Santa Olaia)

Toda a parroquia

Ourense

Castro Caldelas

Santa Tegra de Abeleda (Santa Tegra)

Toda a parroquia

Ourense

Castro Caldelas

Sas de Penelas (San Fiz)

Toda a parroquia

Ourense

Castro Caldelas

Tronceda (Santiago)

Toda a parroquia

Ourense

Castro Caldelas

Vilamaior de Caldelas (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Castro Caldelas

Vimieiro (San Xoán)

Toda a parroquia

Ourense

Chandrexa de Queixa

Cadeliña (San Pedro)

Toda a parroquia

Ourense

Chandrexa de Queixa

O Candedo (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Chandrexa de Queixa

Casteligo (San Martiño)

Toda a parroquia

Ourense

Chandrexa de Queixa

Casteloais (San Pedro)

Toda a parroquia

Ourense

Chandrexa de Queixa

Celeiros (San Martiño)

Toda a parroquia

Ourense

Chandrexa de Queixa

Chandrexa (San Pedro)

Toda a parroquia

Ourense

Chandrexa de Queixa

Chaveán (San Bartolomeu)

Toda a parroquia

Ourense

Chandrexa de Queixa

Drados (Santo Isidoro)

Toda a parroquia

Ourense

Chandrexa de Queixa

Fitoiro (San Paio)

Toda a parroquia

Ourense

Chandrexa de Queixa

Fonteita (Santo André)

Toda a parroquia

Ourense

Chandrexa de Queixa

Forcadas (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Chandrexa de Queixa

Parada Seca (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Chandrexa de Queixa

Parafita (San Bartolomeu)

Toda a parroquia

Ourense

Chandrexa de Queixa

Queixa (Santa Cruz)

Toda a parroquia

Ourense

Chandrexa de Queixa

Rabal (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Chandrexa de Queixa

Requeixo (Santa María Madanela)

Toda a parroquia

Ourense

Chandrexa de Queixa

San Cristovo (San Cristovo)

Toda a parroquia

Ourense

Chandrexa de Queixa

Vilar (San Cosme)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Chantada

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Adá (Santa Baia)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

A Grade (San Vicente)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Arcos (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Argozón (San Vicente)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Santiago de Arriba (Santiago)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

San Fiz de Asma (San Fiz)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

San Salvador de Asma (San Salvador)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Santa Uxía de Asma (Santa Uxía)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Belesar (San Bartolomeu)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Bermún (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Brigos (San Salvador)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Camporramiro (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Esmeriz (Santa Mariña)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Esmoriz (San Xillao)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Fornas (San Cristovo)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

A Laxe (San Xoán)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Líncora (San Pedro)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Mariz (San Martiño)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

O Mato (San Xillao)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Merlán (San Tomé)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

O Monte (San Miguel)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Mouricios (San Cristovo)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Muradelle (San Paio)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Nogueira de Miño (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Pedrafita (Santa Baia)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Pereira (San Mamede)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Pesqueiras (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Requeixo (Santiago)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Sabadelle (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Veiga (San Xoán)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

San Pedro de Viana (San Pedro)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Santa Cruz de Viana (Santa Cruz)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

Vilaúxe (San Salvador)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

A Sariña (San Vicente)

Toda a parroquia

Lugo

Chantada

San Xurxo de Asma (San Xurxo)

Toda a parroquia

Ourense

Esgos

Santa Olaia de Esgos (Santa Olaia)

Toda a parroquia

Ourense

Esgos

Esgos (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Esgos

Loña do Monte (San Salvador)

Toda a parroquia

Ourense

Esgos

Os Pensos (San Pedro)

Toda a parroquia

Ourense

Esgos

Rocas (San Pedro)

Toda a parroquia

Ourense

Esgos

Triós (San Pedro)

Toda a parroquia

Ourense

Esgos

Vilar de Ordelles (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Manzaneda

Cernado (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Manzaneda

Cesuris (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Manzaneda

Manzaneda (San Martiño)

Toda a parroquia

Ourense

Manzaneda

San Martiño de Manzaneda (San Martiño)

Toda a parroquia

Ourense

Manzaneda

Paradela (Santo Antonio)

Toda a parroquia

Ourense

Manzaneda

Placín (Santiago)

Toda a parroquia

Ourense

Manzaneda

Reigada (Santa María Madanela)

Toda a parroquia

Ourense

Manzaneda

Requeixo (San Bartolomeu)

Toda a parroquia

Ourense

Manzaneda

Soutipedre (San Marcos)

Toda a parroquia

Ourense

Manzaneda

San Miguel de Bidueira (San Miguel)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

Monforte de Lemos

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

Baamorto (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

Bascós (San Martiño)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

Caneda (Santalla)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

O Chao do Fabeiro (San Ramón)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

Chavaga (San Xoán)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

Distriz (Santo André)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

Fiolleda (San Cosmede)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

Gullade (Santo Acisclo)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

Guntín (Santa Lucía)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

Marcelle (San Miguel)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

Santa Mariña do Monte (Santa Mariña)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

Moreda (San Salvador)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

As Nocedas (San Estevo)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

A Parte (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

A Penela (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

Piñeira (San Martiño)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

Reigada (San Salvador)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

Ribas Altas (San Pedro)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

Rozavales (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

Seoane (San Salvador)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

Sindrán (San Pedro)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

Tor (San Xoán)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

San Xillao de Tor (San Xillao)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

Valverde (San Pedro)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

A Vide (San Cibrao)

Toda a parroquia

Lugo

Monforte de Lemos

Vilamarín (San Fiz)

Toda a parroquia

Ourense

Montederramo

Os Abeledos (San Vicente)

Toda a parroquia

Ourense

Montederramo

Covas (San Xoán)

Toda a parroquia

Ourense

Montederramo

As Chás (San Xoán)

Toda a parroquia

Ourense

Montederramo

Gabín (San Pedro)

Toda a parroquia

Ourense

Montederramo

Marrubio (Santo André)

Toda a parroquia

Ourense

Montederramo

A Medorra (Santiago)

Toda a parroquia

Ourense

Montederramo

San Cosme de Montederramo (San Cosme)

Toda a parroquia

Ourense

Montederramo

Nogueira (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Montederramo

Paredes (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Montederramo

Sas do Monte (San Pedro)

Toda a parroquia

Ourense

Montederramo

Seoane Vello (San Xoán)

Toda a parroquia

Ourense

Montederramo

Vilariño Frío (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Montederramo

Montederramo (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Nogueira de Ramuín

Armariz (San Cristovo)

Toda a parroquia

Ourense

Nogueira de Ramuín

San Miguel do Campo (San Miguel)

Toda a parroquia

Ourense

Nogueira de Ramuín

A Carballeira (San Xosé)

Toda a parroquia

Ourense

Nogueira de Ramuín

Cerreda (Santiago)

Toda a parroquia

Ourense

Nogueira de Ramuín

Faramontaos (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Nogueira de Ramuín

Loña do Monte (San Salvador)

Toda a parroquia

Ourense

Nogueira de Ramuín

Moura (San Xoán)

Toda a parroquia

Ourense

Nogueira de Ramuín

Nogueira de Ramuín (San Martiño)

Toda a parroquia

Ourense

Nogueira de Ramuín

Santo Estevo de Ribas de Sil (Santo Estevo)

Toda a parroquia

Ourense

Nogueira de Ramuín

Santa Cruz de Rubiacós (Santa Cruz)

Toda a parroquia

Ourense

Nogueira de Ramuín

Vilar de Cerreda (Santa Baia)

Toda a parroquia

Ourense

Nogueira de Ramuín

Viñoás (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Nogueira de Ramuín

Luíntra (Santa Baia)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Acedre (San Romao)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Atán (Santo Estevo)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

San Fiz de Cangas (San Fiz)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Cangas (Santiago)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

San Vicente de Castillón (San Vicente)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Castillón (Santiago)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Deade (San Vicente)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Eiré (San Xulián)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Espasantes (Santo Estevo)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Ferreira de Pantón (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Frontón (San Xoán)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Mañente (San Mamede)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Santo Estevo do Mato (Santo Estevo)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Moreda (San Romao)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Pantón (San Martiño)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Pombeiro (San Vicente)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Ribeiras de Miño (Santo André)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Següín (Santo André)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Serode (San Xulián)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Siós (San Martiño)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Toldaos (San Xoán)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Tribás (San Martiño)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Toiriz (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Santalla de Toiriz (Santalla)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Vilamelle (San Cibrao)

Toda a parroquia

Lugo

Pantón

Vilar de Ortelle (Santiago)

Toda a parroquia

Ourense

Parada de Sil

Caxide (Santa Cristina)

Toda a parroquia

Ourense

Parada de Sil

Chandrexa (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Parada de Sil

A Hedrada (Santiago)

Toda a parroquia

Ourense

Parada de Sil

Forcas (San Mamede)

Toda a parroquia

Ourense

Parada de Sil

Parada de Sil (Santa Mariña)

Toda a parroquia

Ourense

Parada de Sil

As Paradellas (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Parada de Sil

Pradomao (San Xiao)

Toda a parroquia

Ourense

Parada de Sil

Sacardebois (San Martiño)

Toda a parroquia

Ourense

Parada de Sil

San Lourenzo de Barxacova (San Lourenzo)

Toda a parroquia

Lugo

Paradela

Aldosende (Santiago)

Toda a parroquia

Lugo

Paradela

Andreade (Santiago)

Toda a parroquia

Lugo

Paradela

Barán (San Pedro)

Toda a parroquia

Lugo

Paradela

Castro (San Mamede)

Toda a parroquia

Lugo

Paradela

San Martiño de Castro (San Martiño)

Toda a parroquia

Lugo

Paradela

Castro de Rei de Lemos (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Paradela

As Cortes (San Salvador)

Toda a parroquia

Lugo

Paradela

Ferreiros (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Paradela

Francos (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Paradela

A Laxe (Santiago)

Toda a parroquia

Lugo

Paradela

Loio (San Xoán)

Toda a parroquia

Lugo

Paradela

Paradela (San Miguel)

Toda a parroquia

Lugo

Paradela

San Vicente de Paradela (San Vicente)

Toda a parroquia

Lugo

Paradela

Santa Cristina de Paradela (Santa Cristina)

Toda a parroquia

Lugo

Paradela

Santalla de Paradela (Santalla)

Toda a parroquia

Lugo

Paradela

San Facundo de Ribas de Miño (San Facundo)

Toda a parroquia

Lugo

Paradela

Suar (San Lourenzo)

Toda a parroquia

Lugo

Paradela

Vilaragunte (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

A Peroxa

San Cibrao de Armental (San Cibrao)

Toda a parroquia

Ourense

A Peroxa

Armental (San Salvador)

Toda a parroquia

Ourense

A Peroxa

Beacán (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

A Peroxa

Carracedo (Santiago)

Toda a parroquia

Ourense

A Peroxa

Celaguantes (San Xulián)

Toda a parroquia

Ourense

A Peroxa

Graíces (San Vicente)

Toda a parroquia

Ourense

A Peroxa

Gueral (San Martiño)

Toda a parroquia

Ourense

A Peroxa

Mirallos (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

A Peroxa

Os Peares (Nosa Señora do Pilar)

Toda a parroquia

Ourense

A Peroxa

A Peroxa (Santiago)

Toda a parroquia

Ourense

A Peroxa

San Xes da Peroxa (San Xes)

Toda a parroquia

Ourense

A Peroxa

O Souto (San Cristovo)

Toda a parroquia

Ourense

A Peroxa

Toubes (Santiago)

Toda a parroquia

Ourense

A Peroxa

Vilarrubín (San Martiño)

Toda a parroquia

Lugo

A Pobra do Brollón

Barxa de Lor (Santa Mariña)

Toda a parroquia

Lugo

A Pobra do Brollón

Abrence (San Xoán)

Toda a parroquia

Lugo

A Pobra do Brollón

Canedo (San Miguel)

Toda a parroquia

Lugo

A Pobra do Brollón

Castroncelos (Santiago)

Toda a parroquia

Lugo

A Pobra do Brollón

Castrosante (Santa Mariña)

Toda a parroquia

Lugo

A Pobra do Brollón

Cereixa (San Pedro)

Toda a parroquia

Lugo

A Pobra do Brollón

Eixón (San Xurxo)

Toda a parroquia

Lugo

A Pobra do Brollón

Ferreiros (San Salvador)

Toda a parroquia

Lugo

A Pobra do Brollón

A Ferreirúa (San Martiño)

Toda a parroquia

Lugo

A Pobra do Brollón

Fornelas (Santa Comba)

Toda a parroquia

Lugo

A Pobra do Brollón

Lamaigrexa (San Pedro)

Toda a parroquia

Lugo

A Pobra do Brollón

Liñares (San Cosme)

Toda a parroquia

Lugo

A Pobra do Brollón

Óutara (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

A Pobra do Brollón

Parada dos Montes (Santa Einés)

Toda a parroquia

Lugo

A Pobra do Brollón

Pinel (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

A Pobra do Brollón

Piño (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

A Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón (San Pedro)

Toda a parroquia

Lugo

A Pobra do Brollón

Santalla de Rei (Santalla)

Toda a parroquia

Lugo

A Pobra do Brollón

Saa (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

A Pobra do Brollón

Salcedo (San Xoán)

Toda a parroquia

Lugo

A Pobra do Brollón

Veiga (San Xián)

Toda a parroquia

Lugo

A Pobra do Brollón

Vilachá (San Mamede)

Toda a parroquia

Ourense

Pobra de Trives

Barrio (San Xoán)

Toda a parroquia

Ourense

Pobra de Trives

O Castro (San Nicolao)

Toda a parroquia

Ourense

Pobra de Trives

Cova (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Pobra de Trives

Cotarós (Santiago)

Toda a parroquia

Ourense

Pobra de Trives

A Encomenda (Santo Antonio)

Toda a parroquia

Ourense

Pobra de Trives

Xunqueira (San Pedro)

Toda a parroquia

Ourense

Pobra de Trives

Mendoia (Nosa Señora da Concepción)

Toda a parroquia

Ourense

Pobra de Trives

Navea (San Miguel)

Toda a parroquia

Ourense

Pobra de Trives

Pareisás (Santo Antonio)

Toda a parroquia

Ourense

Pobra de Trives

Pena Petada (Santo Estevo)

Toda a parroquia

Ourense

Pobra de Trives

Pena Folenche (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Pobra de Trives

Piñeiro (San Sebastián)

Toda a parroquia

Ourense

Pobra de Trives

A Pobra de Trives (Santo Cristo da Misericordia)

Toda a parroquia

Ourense

Pobra de Trives

Sobrado (San Salvador)

Toda a parroquia

Ourense

Pobra de Trives

Somoza (San Miguel)

Toda a parroquia

Ourense

Pobra de Trives

San Lourenzo de Trives (San Lourenzo)

Toda a parroquia

Ourense

Pobra de Trives

San Mamede de Trives (San Mamede)

Toda a parroquia

Ourense

Pobra de Trives

Trives (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Pobra de Trives

Vilanova (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Portomarín

Bagude (San Bartolomeu)

Toda a parroquia

Lugo

Portomarín

San Mamede de Belaz (San Mamede)

Toda a parroquia

Lugo

Portomarín

Caborrecelle (San Xulián)

Toda a parroquia

Lugo

Portomarín

O Castro de Soengas (San Martiño)

Toda a parroquia

Lugo

Portomarín

Castromaior (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Portomarín

Cortapezas (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Portomarín

Fiz de Rozas (San Lourenzo)

Toda a parroquia

Lugo

Portomarín

Gonzar (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Portomarín

León (San Martiño)

Toda a parroquia

Lugo

Portomarín

Narón (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Portomarín

Nespereira (San Cibrao)

Toda a parroquia

Lugo

Portomarín

Portomarín (San Nicolao)

Toda a parroquia

Lugo

Portomarín

Recelle (San Pedro)

Toda a parroquia

Lugo

Portomarín

San Mamede do Río (San Mamede)

Toda a parroquia

Lugo

Portomarín

Sabadelle (San Salvador)

Toda a parroquia

Lugo

Portomarín

Soengas (Santiago)

Toda a parroquia

Lugo

Portomarín

Vedro (San Martiño)

Toda a parroquia

Lugo

Portomarín

Vilarbasín (San Pedro)

Toda a parroquia

Lugo

Portomarín

Vilaxuste (San Pedro)

Toda a parroquia

Lugo

Quiroga

Augas Mestas (Santiago)

Toda a parroquia

Lugo

Quiroga

Bendilló (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Quiroga

Bendollo (Santa Baia)

Toda a parroquia

Lugo

Quiroga

Bustelo de Fisteus (Santa Bárbara)

Toda a parroquia

Lugo

Quiroga

Cereixido (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Quiroga

A Enciñeira (Santa Isabel)

Toda a parroquia

Lugo

Quiroga

Fisteus (San Mamede)

Toda a parroquia

Lugo

Quiroga

A Ermida (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Quiroga

O Hospital (San Salvador)

Toda a parroquia

Lugo

Quiroga

Montefurado (San Miguel)

Toda a parroquia

Lugo

Quiroga

Nocedo (San Lourenzo)

Toda a parroquia

Lugo

Quiroga

Outeiro (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Quiroga

Pacios da Serra (San Salvador)

Toda a parroquia

Lugo

Quiroga

Paradaseca (San Marcos)

Toda a parroquia

Lugo

Quiroga

Quintá de Lor (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Quiroga

Quiroga (San Martiño)

Toda a parroquia

Lugo

Quiroga

A Seara (Santa María Madanela)

Toda a parroquia

Lugo

Quiroga

Sequeiros (Santa Mariña)

Toda a parroquia

Lugo

Quiroga

Vilanuíde (Santo Antonio)

Toda a parroquia

Lugo

Quiroga

Vilar de Lor (San Xosé)

Toda a parroquia

Lugo

Quiroga

Vilarmel (San Lourenzo)

Toda a parroquia

Lugo

Quiroga

Vilaster (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Ribas de Sil

Nogueira (Nosa Señora das Neves)

Toda a parroquia

Lugo

Ribas de Sil

Peites (San Martiño)

Toda a parroquia

Lugo

Ribas de Sil

Piñeira (San Cristovo)

Toda a parroquia

Lugo

Ribas de Sil

Rairos (Santa Lucía)

Toda a parroquia

Lugo

Ribas de Sil

Ribas de Sil (San Clodio)

Toda a parroquia

Lugo

Ribas de Sil

Soutordei (Santiago)

Toda a parroquia

Lugo

Ribas de Sil

Torbeo (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

San Xoán de Río

Seoane de Argas (San Xoán)

Toda a parroquia

Ourense

San Xoán de Río

San Silvestre de Argas (San Silvestre)

Toda a parroquia

Ourense

San Xoán de Río

As Cabanas (San Paio)

Toda a parroquia

Ourense

San Xoán de Río

Castrelo (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

San Xoán de Río

Cerdeira (Santa María Madanela)

Toda a parroquia

Ourense

San Xoán de Río

Medos (Santa Mariña)

Toda a parroquia

Ourense

San Xoán de Río

San Xoán de Río (San Xoán)

Toda a parroquia

Ourense

San Xoán de Río

San Xurxo (Santa María da O)

Toda a parroquia

Ourense

San Xoán de Río

Vilardá (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Abuíme (San Xoán)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

A Broza (San Tomé)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

A Cova (San Martiño)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Chave (San Sadurniño)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Diomondi (San Paio)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Eirexafeita (San Vicente)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Fión (San Lourenzo)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Freán (Santa Cecilia)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

A Laxe (San Fiz)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Licín (Santalla)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Louredo (Santiago)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Marrube (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Mourelos (San Xulián)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Ousende (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Piñeiró (San Sadurniño)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Rebordaos (Santalla)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Reiriz (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Santo Estevo de Ribas de Miño (Santo Estevo)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

San Vitoiro de Ribas de Miño (San Vitoiro)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Rosende (Santa Mariña)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Segán (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Seteventos (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Sobreda (San Xoán)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Vilacaíz (San Xulián)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Vilaesteva (San Salvador)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Vilasante (San Salvador)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Vilatán (San Xoán)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Vilelos (San Martiño)

Toda a parroquia

Lugo

O Saviñao

Xuvencos (Santiago)

Toda a parroquia

Lugo

Sober

Amandi (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Sober

Anllo (Santo Estevo)

Toda a parroquia

Lugo

Sober

San Martiño de Anllo (San Martiño)

Toda a parroquia

Lugo

Sober

Arroxo (San Martiño)

Toda a parroquia

Lugo

Sober

Barantes (San Xoán)

Toda a parroquia

Lugo

Sober

Bolmente (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Sober

Brosmos (Santa Cruz)

Toda a parroquia

Lugo

Sober

Bulso (San Pedro)

Toda a parroquia

Lugo

Sober

Canaval (San Pedro)

Toda a parroquia

Lugo

Sober

Doade (San Martiño)

Toda a parroquia

Lugo

Sober

Figueiroá (San Salvador)

Toda a parroquia

Lugo

Sober

Gundivós (Santiago)

Toda a parroquia

Lugo

Sober

Liñarán (San Martiño)

Toda a parroquia

Lugo

Sober

Lobios (San Xillao)

Toda a parroquia

Lugo

Sober

Millán (San Nicolao)

Toda a parroquia

Lugo

Sober

Neiras (San Salvador)

Toda a parroquia

Lugo

Sober

Pinol (San Vicente)

Toda a parroquia

Lugo

Sober

Proendos (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Sober

Refoxo (Santo Estevo)

Toda a parroquia

Lugo

Sober

Rosende (San Miguel)

Toda a parroquia

Lugo

Sober

Santiorxo (San Xurxo)

Toda a parroquia

Lugo

Sober

Vilaescura (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Ansar (Santo Estevo)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Arxiz (San Paio)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Bembibre (San Pedro)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Bouzoa (San Xoán)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Campo (San Xián)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Carballo (San Tomé)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Castelo (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Cerdeda (Santa Mariña)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Cicillón (Santiago)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Couto (San Martiño)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Esperante (Santiago)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Fradé (Santiago)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Gondulfe (San Lourenzo)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Insua (San Salvador)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

San Xián de Insua (San Xián)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Mato (San Martiño)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Meixonfrío (Santa Mariña)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Moreda (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Mourulle (San Vicente)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Piñeira (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Sobrecedo (Santiago)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Taboada dos Freires (Santa María)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

A Torre (San Mamede)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Vilameñe (Santa Mariña)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Vilar de Cabalos (Santa Eulalia)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Vilela (San Miguel)

Toda a parroquia

Lugo

Taboada

Xián (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

A Teixeira

Abeleda (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

A Teixeira

Boazo (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

A Teixeira

Cristosende (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

A Teixeira

Fontao (San Bartolomeu)

Toda a parroquia

Ourense

A Teixeira

Lumeares (San Salvador)

Toda a parroquia

Ourense

A Teixeira

Montoedo (Santa Mariña)

Toda a parroquia

Ourense

A Teixeira

Pedrafita (San Martiño)

Toda a parroquia

Ourense

A Teixeira

Sistín (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Xunqueira de Espadanedo

Niñodaguia (Santa María)

Toda a parroquia

Ourense

Xunqueira de Espadanedo

Os Pensos (San Pedro)

Toda a parroquia

Ourense

Xunqueira de Espadanedo

Ramil (San Miguel)

Toda a parroquia

Ourense

Xunqueira de Espadanedo

Xunqueira de Espadanedo (Santa María)

Toda a parroquia

ANEXO II

Catálogo de actuacións protexibles

1

Obras de mantemento co fin de adecuar os edificios á normativa vixente

1.1

Actuacións destinadas a garantir a seguridade

1.1.1

As actuacións necesarias de reforzo, reparación ou consolidación da estrutura portante do edificio para garantir as condicións de seguridade necesarias e para evitar deformacións na estrutura que produzan danos noutros elementos da edificación.

1.1.2

As actuacións necesarias para eliminar, reparar ou substituír aqueles elementos construtivos que polo seu estado de conservación ou polas súas características poidan supoñer un risco para os usuarios do edificio ou producir danos nos edificios ou espazos contiguos.

1.1.3

As actuacións necesarias para garantir a protección dos edificios fronte ao lume e garantir a seguridade en caso de incendio. Inclúense neste punto as actuacións dirixidas a evitar a propagación do lume en caso de incendio, instalar ou reparar os sistemas de protección contra incendios, illar a estrutura do edificio para garantir a súa resistencia en caso de incendio, así como as actuacións necesarias para facilitar a evacuación do edificio en caso de incendio.

1.1.4

A execución das obras precisas para garantir a utilización do edificio en condicións de seguridade eliminando o risco de caídas, de danos por impacto, atrapamento ou aprisionamento.

1.1.5

A protección do edificio fronte á acción do raio.

1.2

Actuacións destinadas a garantir a protección fronte á auga e á humidade

1.2.1

As actuacións sobre as fachadas, carpintaría exterior e cubertas das edificacións que teñan por obxecto protexer o edificio fronte á auga de chuvia.

1.2.2

As actuacións que teñan por obxecto protexer o edificio fronte á auga proveniente do terreo.

1.2.3

As actuacións que teñan por obxecto evitar a condensación da auga nos paramentos ou elementos construtivos da vivenda mediante a eliminación de pontes térmicas, o establecemento de elementos ou sistemas de ventilación, o incremento do illamento térmico, a colocación de barreiras fronte ao vapor de auga, etc.

1.3

Actuacións destinadas a garantir as condicións de salubridade da vivenda

1.3.1

Establecemento de sistemas de ventilación, activa ou pasiva, que garantan a calidade do ar exterior.

1.3.2

Execución de medidas para evitar a entrada no edificio do gas radón ou a adopción de medidas para garantir a súa eliminación do interior das vivendas.

1.3.3

Actuacións de reparación ou dotación das instalacións adecuadas de subministración de auga.

1.3.4

Actuacións de reparación ou dotación das instalacións adecuadas de evacuación de augas residuais.

1.4

Actuacións destinadas a adecuar, total o parcialmente, á normativa vixente as instalacións dos edificios e vivendas.

Estas actuacións inclúen as de reparación, actualización, mellora ou substitución das instalacións indicadas a seguir co fin de garantir as súas adecuadas prestacións ou adaptalas total ou parcialmente á normativa específica de aplicación:

1.4.1

Instalacións de abastecemento de auga.

1.4.2

Instalacións de evacuación de augas residuais.

1.4.3

Instalacións de electricidade.

1.4.4

Instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións.

1.4.5

Instalacións de ascensores.

1.4.6

Instalacións de auga quente sanitaria.

1.4.7

Instalacións térmicas dos edificios.

1.4.8

Instalacións de subministración e almacenamento de combustibles.

1.5

Actuacións destinadas a mellorar a protección fronte ao ruído (cumprimento dos parámetros establecidos no documento básico do Código técnico da edificación DB-HR)

Incluirán as intervencións necesarias sobre os elementos construtivos (na envolvente do edificio e nos elementos de separación entre usuarios), encamiñadas á mellora do illamento do ruído aéreo e ruído de impacto.

1.6

Actuacións destinadas a garantir que as edificacións cumpran as condicións de ornato público, adecuación ao contorno e de protección do patrimonio cultural ou paisaxístico

1.6.1

Obras destinadas á reparación ou adecuación das edificacións para garantir o ornato público exixible.

1.6.2

O remate de fachadas con materiais adecuados ao contorno cando aquelas teñan á vista elementos concibidos para ser revestidos.

1.6.3

A eliminación e substitución de materiais, elementos ou sistemas construtivos das edificacións que non resulten congruentes co seu contorno.

1.6.4

As obras de reparación, rehabilitación e/ou conservación de fachadas, carpintaría exterior ou cuberta das edificacións mediante o emprego de materiais que polas súas características e cores resulten acordes cos das edificacións tradicionais do contorno e coa paisaxe en que estean situadas.

1.6.5

En xeral, todas aquelas destinadas a garantir a harmonización das edificacións coas edificacións tradicionais ou históricas do seu contorno e co medio natural onde estean situadas.

1.6.6

As actuacións que teñan por obxecto adecuar os edificios ás exixencias derivadas da normativa sobre protección do patrimonio cultural ou paisaxístico.

2

Obras para a mellora da eficiencia enerxética do edificio e vivenda

2.1

Actuacións destinadas a reducir a demanda enerxética dos edificios e vivendas e a reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro

2.1.1

A execución de obras destinadas a reducir a demanda enerxética da vivenda, mediante o incremento do illamento térmico, a colocación de dobre carpintaría ou substitución da existente por outra de maiores prestacións térmicas ou calquera outra medida que teña por obxecto a redución da demanda enerxética.

2.1.2

As obras ou actuacións destinadas a mellorar o rendemento das instalacións térmicas dos edificios e vivendas.

2.1.3

A substitución dos sistemas de produción de enerxía térmica por outros que impliquen unha menor emisión de gases de efecto invernadoiro ou que utilicen enerxías renovables.

2.1.4

A colocación, reparación ou mellora dos sistemas de captación da enerxía solar para produción de auga quente sanitaria.

2.1.5

As actuacións tendentes a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.

3

Obras para mellorar as condicións de accesibilidade aos edificios e os accesos ás vivendas e locais

3.1

Actuacións destinadas a garantir a accesibilidade dos edificios e das vivendas e a súa correcta utilización por persoas con limitacións sensoriais ou motrices

Considéranse protexibles as seguintes actuacións cando teñan por obxecto garantir a accesibilidade aos edificios e ás vivendas ou facilitar a súa utilización por persoas con limitacións sensoriais ou motrices:

3.1.1

A eliminación das barreiras arquitectónicas que poidan supoñer un atranco para a súa utilización.

3.1.2

A execución de obras ou instalacións, así como a súa adecuación para a utilización por estas persoas.

3.1.3

A instalación de mobiliario de cociña adaptado.

3.1.4

A execución de baños e aseos ou a adaptación destes ou dos seus elementos.

3.1.5

A adecuación dos espazos da vivenda co obxecto de permitir ou facilitar a súa correcta utilización.

3.1.6

A adición e o acondicionamento á vivenda de espazos que teñan un uso distinto ao de vivenda cando aquela non reunise os requisitos de accesibilidade precisos.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file