Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 3 de xullo de 2020 Páx. 26489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de xuño de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 66/75 e doce máis).

Na sesión celebrada polo xurado o día 10 de xuño de 2020 figuran os seguintes acordos:

– Monte de Roca (expediente 66/75), pertencente aos veciños da parroquia de Roca, no termo municipal de Guitiriz e monte de Baamonde (expediente 1/77), pertencente aos veciños da parroquia de Baamonde no termo municipal de Begonte. O 4.2.2020 ten entrada un escrito cun acordo de deslindamento por avinza entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz de Guitiriz; achega acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación redactada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 24.2.2020 emite un informe (núm. 2020/6) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza e tamén se recolle, conxuntamente, a revisión do esbozo do monte de Roca, nos termos que se describen no dito informe. O monte de Roca queda cunha superficie de 208 hectáreas, e o monte de Baamonde, cunha superficie de 196 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Monte de Santa Cruz (expediente 29/75), pertencente aos veciños da parroquia de Santa Cruz de Parga; monte de Roca (expediente 66/75), pertencente aos veciños da parroquia de Roca e monte de Pígara (expediente 65/75), pertencente aos veciños da parroquia de Pígara, todos no termo municipal de Guitiriz. O 3.2.2020 e o 4.2.2020 teñen entrada dous escritos cos acordos de deslindamento por avinza entre a comunidade de Roca e Santa Cruz e entre Roca e Pígara, respectivamente, en canto ás liñas divisorias que separan os montes, aprobados mediante actos conciliatorios celebrados perante o Xulgado de Paz de Guitiriz; achegan acta do deslindamento, planos topográficos, actas de conciliación redactadas no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado dos devanditos deslindamentos ao Servizo de Montes, o 27.2.2020 emite un informe (núm. 2020/5) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia das avinzas, nos termos que se describen no dito informe. O monte de Roca queda cunha superficie de 212,4 hectáreas (tendo en conta a revisión do esbozo e a avinza con Baamonde), o monte de Santa Cruz, cunha superficie de 856,8 hectáreas e o monte de Pígara, cunha superficie de 628 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Monte de Vilaverde (expediente 113/78), pertencente aos veciños do lugar de Vilaverde da parroquia de Folgueiras, e monte de Folgueiras (expediente 49/92), pertencente aos veciños do lugar de Folgueiras da parroquia de Folgueiras, ambos no termo municipal de Navia de Suarna. O 8.11.2019 ten entrada un escrito do presidente da comunidade de Vilaverde, emendado o 15.1.2020, co acordo de deslindamento por avinza entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz de Navia de Suarna; achega acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación redactada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 21.1.2020 emite un informe (núm. 74/2019) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte de Vilaverde queda cunha superficie de 214 hectáreas, e o monte de Folgueiras, cunha superficie de 20 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Monte Salcedo e Bairán (expediente 10/75), pertencente aos veciños dos lugares de Salcedo e Bairán, da parroquia de Salcedo e monte Cornide e Veliñas (expediente 50/75), pertencente aos veciños da parroquia de Barxa de Lor, ambos no termo municipal da Pobra do Brollón. O 20.11.2019 ten entrada un escrito do presidente da comunidade de Salcedo, emendado o 9.1.2020, cun acordo de deslindamento por avinza entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz da Pobra do Brollón; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación redactada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 24.1.2020 emite un informe (núm. 78/2019) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte Salcedo e Bairán queda cunha superficie de 494,57 hectáreas e o monte Cornide e Veliñas, cunha superficie de 201 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Monte Salcedo e Bairán (expediente 10/75), pertencente aos veciños dos lugares de Salcedo e Bairán, da parroquia de Salcedo e monte Parada, Couso e Río de Bois (expediente 8/75), pertencente aos veciños da parroquia de Parada dos Montes, ambos no termo municipal da Pobra do Brollón. O 20.11.2019 ten entrada un escrito do presidente da comunidade de Salcedo, cun acordo de deslindamento por avinza entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz da Pobra do Brollón; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación redactada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 30.1.2020 emite un informe (núm. 79/2019) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte Salcedo e Bairán queda cunha superficie de 518,28 hectáreas (tendo en conta a avinza con Barxa de Lor) e o monte Parada, Couso e Río de Bois, cunha superficie de 1.264,59 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Monte Pena, Cruz da Aguieira e San Marcos (expediente 66/78), pertencente aos veciños da parroquia de Goián no termo municipal de Sarria e monte Faro (expediente 2/80), pertencente aos veciños da parroquia de Friolfe no termo municipal do Páramo. O 19.12.2019 ten entrada un escrito do representante da comunidade de Goián, cun acordo de deslindamento por avinza entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz do Páramo; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación redactada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 18.2.2020 emite un informe (núm. 2019/81) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte Pena, Cruz da Aguieira e San Marcos queda cunha superficie de 141 hectáreas e o monte Faro, cunha superficie de 124 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza, e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

– Monte Costalvello (expedientes 8/79 e 2/2007), pertencente aos veciños da parroquia de Muro, e monte Costalvello (expediente 9/79), pertencente aos veciños da parroquia da Pobra de San Xiao, ambos no termo municipal de Láncara. O 29.7.2019 ten entrada un escrito do presidente da comunidade de Muro, emendado o 9.11.2019 e o 26.11.2019, co que achegan un acordo de deslindamento por avinza entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio celebrado perante o Xulgado de Paz de Láncara; achega acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación redactada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 29.11.2019 emite un informe (núm. 55/2019) en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza, nos termos que se describen no dito informe. O monte Costalvello de Muro queda cunha superficie de 66,76 hectáreas e o monte Costalvello da Pobra de San Xiao, cunha superficie de 48,65 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento practicado por avinza e proceder ás oportunas modificacións nos respectivos expedientes.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 16 de xuño de 2020

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo