Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 3 de xullo de 2020 Páx. 26467

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (449/2017).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 449/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sara Caamaño Oroña contra Kuan Ti Business, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou Resolución do 19 de xuño de 2020 contra a cal se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco (5) días. Faise saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Kuan Ti Business, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza