Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 6 de xullo de 2020 Páx. 26777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2020 pola que se aproba o documento da delimitación dos espazos e dos usos portuarios do porto de Maniños-Barallobre (Fene, A Coruña).

A Área de Explotación e Planificación Portuaria da entidade pública empresarial Portos de Galicia redactou o documento da delimitación dos espazos e dos usos portuarios (DEUP) do porto de Maniños-Barallobre, instalacións portuarias situadas no termo municipal de Fene, na provincia da Coruña, e adscritas á entidade pública para a súa xestión.

Este documento foi redactado e tramitado de acordo coa súa formulación prevista no artigo 69 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro (Boletín Oficial del Estado núm. 253, do 20 de outubro), e axústase ao disposto nos artigos 52 e 53 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 236, do 14 de decembro), tal como establece a disposición transitoria quinta da dita lei autonómica.

Na reunión do Consello Reitor de Portos de Galicia que tivo lugar o día 22 de maio de 2020, este acordou dar a súa conformidade á proposta da DEUP do porto de Maniños-Barallobre, así como elevala e propoñela para a súa aprobación a través da Consellería do Mar.

Unha vez visto o informe sobre o trámite da proposta da DEUP da xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria de Portos de Galicia, do 3 de abril de 2020, que conta coa conformidade do director da entidade pública empresarial, do 6 de abril de 2020, así como o Acordo do seu consello reitor, do 22 de maio de 2020, dando a conformidade á proposta da DEUP do porto de Maniños-Barallobre e elevándoa e propoñéndoa para a súa aprobación, a Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia, por delegación da conselleira do Mar conferida mediante a Orde do 30 de marzo de 2012, resolve:

Aprobar o documento da delimitación dos espazos e dos usos portuarios do porto de Maniños-Barallobre (Fene, A Coruña), na súa última versión redactada polos servizos técnicos da dita área e asinada en abril de 2020 polos enxeñeiros de camiños, canais e portos da entidade pública empresarial Andrés D. Cervantes Refojos, xefe do Departamento de Planificación Portuaria, e Ana Isabel Calzadilla Bouzón, xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia