Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 6 de xullo de 2020 Páx. 26747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Tomiño (expediente IN407A 2019/238-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204.

Denominación: LMTS ROS803 ao CT proxectado Cristelos de Abaixo.

Situación: Tomiño.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ, de 48 metros de lonxitude, con orixe no PAS que se instalará no apoio HV/1000/14 do tramo ROS8030132 da LA-56, na derivación ao CT Cristelos e final na cela no centro de transformación proxectado. Centro de transformación de 100 kVA. As instalacións están situadas no lugar de Cristelos, na parroquia de Barrantes, no concello de Tomiño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións ante esta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á dispor do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 3 de xuño de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº expediente: IN407A 2019/238-4.

Termo municipal: Tomiño (Pontevedra).

Denominación: LMTS ROS803 ao CT proxectado Cristelos de Abaixo.

Parcela 1:

Titular: descoñecido.

Referencia catastral: 36054A020004520000EU.

Polígono: 20.

Parcela: 452.

Lugar: Os Cochos

Cultivo: labor.

Afección: 121,99 m² para servidume de paso.

Parcela 2:

Titular: José González Troncoso.

Referencia catastral: 36054A020004530000EH.

Polígono: 20.

Parcela: 453.

Lugar: Os Cochos.

Cultivo: viña secaño.

Afección: 7,27 m² para servidume de paso e 45,22 m2 para CT.

Parcela 3:

Titular: descoñecido.

Referencia catastral: 36054A020004540000EW.

Polígono: 20.

Parcela: 454.

Lugar: Os Cochos.

Cultivo: viña secaño.

Afección: 1,29 m2 para CT.