Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 6 de xullo de 2020 Páx. 26716

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 894/2016).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 894/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Freire Miramontes contra AAR Grupo Gestiona, S.L., sobre ordinario, se ditou a providencia que di:

Providencia da maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2020

Visto o aprazamento acordado no presente procedemento para a celebración de xuízo oral e a data en que estaba sinalado o xuízo suspendido, e tendo en conta a súa natureza, o número de partes intervenientes e a duración previsible da vista, así como as demais vistas fixadas para o mesmo día:

De conformidade co sinalado no Acordo da Comisión Permanente do CGPX do 23 de maio de 2020, polo que se alza a partir do 4 de xuño de 2020 a suspensión de prazos e actuacións procesuais –que viña establecida conforme a disposición adicional segunda do Real decreto 463/2020 de declaración do estado de alarma e das súas prórrogas–, e de conformidade co sinalado no Protocolo do 11 de maio de 2020, da Comisión Permanente do CGPX, para a elaboración dos plans de restablecemento da actividade xudicial, e o Protocolo do TSX de Galicia, aprobado polo Pleno da Sala de Goberno en sesión do 29 de maio de 2020, para a coordinación das axendas de sinalizacións nos órganos xudiciais do ámbito do TSX de Galicia, e tendo en conta as limitacións de capacidade da sede xudicial deste xulgado e da sala de vistas deste xulgado fixadas pola administración prestacional, así como as necesidades de separación temporal entre as sinalizacións –para os labores de hixienización, ventilación e limpeza das salas, e co fin de evitar a superación da capacidade fixada–, e as limitacións horarias do uso das salas de vistas, cómpre reprogramar e efectuar nova sinalización de xuízo oral nas presentes actuacións.

Polos motivos expostos, sinálase para a celebración dos actos de conciliación e xuízo oral no presente procedemento o día 8 de setembro de 2020, ás 13.45 horas o acto de conciliación e ás 13.50 horas o acto de xuízo oral.

Notifíquese ás partes a presente resolución e efectúese a citación de partes, testemuñas e peritos que estivese acordada en autos para a nova data e hora indicadas.

Así mesmo, requírense as partes co fin de que, polo menos con dous días de antelación ao xuízo oral, comuniquen a este xulgado por correo electrónico (para evitar anticipar as probas e salvagardar o dereito de defensa) as testemuñas e/ou peritos que van concorrer á vista, identificados polo seu nome e apelidos e o seu DNI, co fin de poder realizar as correspondentes actuacións e coordinación co servizo de seguridade da sede xudicial para control de acceso a esta e da capacidade permitida.

Así mesmo, se for parte no procedemento unha Administración ou entidade pública, infórmase de que ten a obriga de remitir o expediente administrativo por LexNet en formato PDF-A, con posibilidade de lector óptico ORC, previamente indexado con hipervínculo, ou de modo telemático ao correo electrónico do xulgado.

E, igualmente, fágaselles saber ás partes que, co fin de garantir a axilidade das vistas, poden presentar a documental e os informes periciais por vía LexNet previamente ao acto do xuízo oral.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a AAR Grupo Gestiona, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza