Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 6 de xullo de 2020 Páx. 26721

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (SS 32/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento seguridade social 32/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luz Valiño Mera contra Mutua Universal Mugenat, INSS, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Maconsi, S.A.U., Xerencia Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde, Mutua Fremap, Clece, S.A. e Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L., sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo:

– Sinalar o día 23.9.2020, ás 12.00 horas, para a celebración do acto do xuízo, polo que se deberán citar novamente as partes para que comparezan na planta baixa, sala de vistas, edificio xulgados, para a celebración do dito acto ante a maxistrada.

– Mantense a documental acordada polas providencias con datas 6.2.2020 e 29.4.2020.

– Citar o perito Alejando Ros Rosillo.

Dada a capacidade das salas de vistas e a necesidade de que cada órgano xudicial ordene o acceso do público, de conformidade co disposto no artigo 20 do RDL 16/2020, do 28 de abril, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte ao COVID-19 no ámbito da Administración de xustiza, e o Acordo gobernativo do 20.5.2020, co fin de favorecer e facilitar o cumprimento desta medida de prevención e seguridade recoméndase aos profesionais que comuniquen ao xulgado con antelación razoable o número de testemuñas e/ou peritos de que intenten valerse, en caso de que sexa a súa intención propoñelos no acto de xuízo, con indicación dos seus datos de identidade, para favorecer o control de acceso e saída por parte do servizo de vixilancia.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Maconsi, S.A.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza