Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 7 de xullo de 2020 Páx. 27032

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO da convocatoria e das bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e o funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal dun/dunha operario/a de limpeza.

A Resolución da Alcaldía nº 474/2020, do 3 de xuño de 2020, aprobou as bases específicas e a convocatoria para a constitución e o funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal dun/dunha operario/a de limpeza no Concello de Teo, mediante o sistema de oposición. O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contado desde o día seguinte ao publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 84, do 10 de xuño de 2020, publicáronse integramente as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal

Teo, 10 de xuño de 2020

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde