María Torres Prado solicita a concesión administrativa para a ocupación dunha parcela do dominio público portuario con destino á instalación e explotación dun quiosco no porto de Cambados.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Pontevedra, 18 de maio de 2020
Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia