Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro industrial Pedro Tizón Barro, colexiado nº 3270 COETICOR, en Ourense, o día 21.11.2019, e visado electrónico núm. 3780/19-co, do mesmo colexio con data 28.11.2019
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A., CIF: A-63222533.
Domicilio: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.
Denominación: LMTS cambio condutores LMTS BBA805 a CT 32CR36
Situación: Barbadás e Ourense.
Orzamento: 90.877,08 €.
Características técnicas:
LMTs (actuación 1), a 20 kV, condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 3×240 mm2 Al, con orixe na LMT subterránea BBA805 ronda sur do CT Cabeza de Vaca II (32CW70-400 kVA) e final na cela de entrada do CT Chilotes (32CR36-630 kVA), a súa lonxitude total é de 385 m.
LMT (actuación 2), a 20 kV, condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 3×240 mm2 Al, con orixe na cela de saída do CT Chilotes (32CR36-630 kVA) e final na LMT subterránea BBA805 ronda sur a CT Aira do Fonsillón (32CHN4-400 kVA), peche coa LMT CAS806, a súa lonxitude total é de 191 m.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.
Ourense, 16 de xuño de 2020
Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense