Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 9 de xullo de 2020 Páx. 27401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 3 de xuño de 2020 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 28 do polígono 113 do termo municipal de Friol.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 3 de xuño de 2020, o cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 28 do polígono 113 do termo municipal de Friol.

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 2 de abril de 2020.

Lugo, 23 de xuño de 2020

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo