Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 9 de xullo de 2020 Páx. 27391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 25 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia da resolución ditada en materia de vivenda.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación electrónica, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A resolución obxecto de notificación foi ditada, por delegación de competencias, pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada Secretaría Xeral Técnica ten a súa sede na rúa San Lázaro, s/n, do termo municipal de Santiago de Compostela.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entendese producida desde o día seguinte a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2020

Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO

Expediente: RA/IGVS/CMATV/2019/00154.

Interesado: Primitivo Rosa Sardón (representante da Comunidade de Propietarios Praza Almirante Romay, 5).

Acto notificado: resolución recurso de alzada.