Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 9 de xullo de 2020 Páx. 27378

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2020 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o acceso á escala de xestión, polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

Mediante a Resolución do 4 de marzo de 2020 (DOG do 17 de marzo e BOE do 2 de xuño), convocáronse as probas selectivas para cubrir 13 prazas na escala de xestión da USC, subgrupo A2, cinco pola quenda de promoción interna e oito pola quenda de acceso libre. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, polas quendas de promoción interna e de acceso libre, ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalFuncionario.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, e xustifiquen o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela