A Universidade de Santiago de Compostela presentou unha solicitude de modificación do plan de estudos verificado desta titulación de grao. A dita solicitude presentouse ao abeiro do artigo 28 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, e do artigo 15 do Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Obtido informe favorable da Axencia de Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), con data do 9 de xullo de 2020, esta reitoría, ao abeiro do artigo 28.3 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais,
resolve:
Publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título de graduado ou graduada en Química pola Universidade de Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2020
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO I
Modificación do grao en Química pola USC
1) Cambian de denominación as materias obrigatorias do grao segundo consta no seguinte cadro:
Denominación antiga |
Nova denominación |
Química Analítica I |
Química Analítica Xeral |
Química Analítica II |
Técnicas Analíticas de Separación |
Química Analítica III |
Métodos Analíticos Espectroscópicos e Electroquímicos |
Química Analítica IV |
Quimiometría e Cualimetría |
Química Analítica V |
Hibridación, Métodos Cinéticos e Automatización |
Química Física I |
Química Cuántica |
Química Física II |
Espectroscopía |
Química Física III |
Termodinámica Química |
Química Física IV |
Termodinámica Estatística e Fenómenos de Transporte |
Química Física V |
Cinética Química e Catálise |
Química Inorgánica I |
Non Metais e os seus Compostos |
Química Inorgánica II |
Principios Básicos de Química Inorgánica |
Química Inorgánica III |
Metais e os seus Compostos |
Química Inorgánica IV |
Química de Coordinación |
Química Inorgánica V |
Química Organometálica |
Química Orgánica I |
Química Orgánica I: Alcanos e Derivados |
Química Orgánica II |
Química Orgánica II: Compostos Insaturados |
Química Orgánica III |
Química Orgánica III: Compostos Carbonílicos, Aminas e Heterociclos |
Química Orgánica IV |
Fundamentos de Síntese Orgánica |
Química Orgánica V |
Química Orgánica Biomolecular |
Ciencia de Materiais I |
Fisicoquímica de Materiais |
Ciencia de Materiais II |
Materiais Inorgánicos e Orgánicos |
2) Créase a seguinte materia:
Denominación |
Créditos |
Carácter |
Curso |
Prácticas Externas |
4,5 |
Optativo |
3º |