Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 9 de xullo de 2020 Páx. 27382

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (PO 326/2016).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario 326/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Valcárcel Pallares contra o Fondo de Garantía Salarial, C. Mercedes Comarcal 546 Lugo, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é do seguinte teor literal:

«Resolvo:

Estimar a demanda formulada por Jesús Valcárcel Pallares e condenar a C. Mercedes Comarcal 546 Lugo, S.L. ao pagamento ao demandante da cantidade de 965,94 euros, que se incrementará cos xuros do 10 %.

Impoñer as custas do presente procedemento, incluídos honorarios de profesionais ata 600 euros, á parte demandada.

Póñase en coñecemento do Fogasa para os efectos oportunos.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que é firme e que non cabe interpoñer ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, da que se levará testemuño aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a C. Mercedes Comarcal 546 Lugo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 25 de xuño de 2020

O letrado da Administración de xustiza