Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 9 de xullo de 2020 Páx. 27384

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 197/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 197/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Fariñas Romay contra Anpeso Reformas, S.L.U. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza Marina Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2020.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada Anpeso Reformas, S.L.U. en situación de insolvencia parcial por importe de 7.445,72 euros en concepto de principal (5.395,04 euros en concepto de salarios de tramitación, 2.050,68 euros en concepto de indemnización) e 1.174,41 euros en concepto de xuros e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens da executada.

c) Unha vez sexa firme a presente resolución, proceder á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Anpeso Reformas, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza