Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 9 de xullo de 2020 Páx. 27406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de xuño de 2020 polo que se notifica a resolución ditada no expediente de clave DH.W36.64708.

A persoa titular da Dirección de Augas de Galicia ditou a resolución do expediente de autorización de clave DH.W36.64708.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado, con xustificante de recepción, no domicilio que consta no correspondente expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase a resolución ditada á persoa titular do NIF/NIE 35419148E.

Infórmase que o expediente se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Comunicáselle que, contra a resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a Presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2020

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia