Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 9 de xullo de 2020 Páx. 27404

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de xuño de 2020 polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais DH.D15.64269.

A persoa titular da dirección de Augas de Galicia ditou a resolución do expediente sancionador DH.D15.64269 por infracción da normativa en materia de verteduras de augas residuais.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase a resolución ditada á persoa interesada, titular do NIF 76358468D .

Infórmase que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, situadas en praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Comunícaselle que en relación coa resolución sancionadora cabe interpoñer recurso de alzada perante a Presidencia de Augas de Galicia no prazo dun mes contado desde o día da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2020

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia