Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27662

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 8 de xullo de 2020 pola que convoca proceso selectivo para o acceso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade (código de procedemento PR461C).

De conformidade co establecido no Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de Policía Local, vixilantes municipais e auxiliares de Policía Local (Diario Oficial de Galicia núm. 222 de 2017, do 22 de novembro), esta vicepresidencia, en virtude da delegación conferida para o efecto polos concellos interesados,

DISPÓN:

Convocar o proceso selectivo unitario para o acceso nos corpos de Policía Local, escala básica, categoría de oficial, quendas de promoción interna e mobilidade, subgrupo C1.

1. Obxecto do proceso selectivo.

1.1. O obxecto do proceso selectivo é cubrir 20 prazas dos corpos de Policía Local, categoría de oficial, escala básica.

1.2. As prazas non cubertas pola quenda de promoción interna acumularanse á quenda de mobilidade e serán publicadas a través de resolución da persoa que ocupe a Dirección Xeral da Agasp.

1.3. O número, a denominación e as características das prazas que se convocan neste proceso selectivo especifícanse no anexo II desta orde.

1.4. O presente proceso selectivo rexerase polo establecido nestas bases e para o non previsto observarase o disposto na Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, no Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que a desenvolve, e na Orde do 28 de xaneiro de 2009, pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos da Policía Local, e o Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de Policía Local, vixilantes municipais e auxiliares de Policía Local.

1.5. O código do procedemento regulado nesta orde é PR461C.

2. Requisitos das persoas aspirantes.

2.1. As persoas interesadas en participar neste proceso pola quenda de promoción interna deberán posuír na data que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter os seguintes requisitos:

a) Ser funcionario/a de carreira do corpo cun mínimo de tres anos continuados de servizo activo na categoría de policía; computarase tamén neste caso o tempo de segunda actividade por causa de embarazo ou lactación, nun dos concellos que aparecen no anexo II na enumeración das prazas ofertadas.

b) Estar en posesión do título de bacharel ou técnico. Así mesmo, observarase o establecido na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación ou a credencial de recoñecemento do título para efectos profesionais.

c) Non ter sido sancionado/a por falta grave ou moi grave, ou telas canceladas.

d) Faltarlles máis dun ano para o paso a segunda actividade por razón de idade.

2.2. As persoas interesadas en participar neste proceso pola quenda de mobilidade deberán posuír na data que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter os seguintes requisitos:

a) Estar en posesión do título de bacharel ou técnico. Así mesmo, observarase o establecido na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) Ter en propiedade a categoría de oficial noutros corpos da Policía Local da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Contar cunha antigüidade mínima de 5 anos nesa categoría; deberanlles faltar, como mínimo, oito anos para o paso previsto á situación de segunda actividade.

3. Solicitudes.

3.1. Forma e prazo de presentación.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que figura como anexo I a esta convocatoria. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

No procedemento da quenda por concurso para mobilidade non se terá en conta a documentación que non quede debidamente acreditada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

3.2. Taxas.

3.2.1. Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar neste proceso selectivo deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 31,69 euros e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación como o sinalado no anexo V cos códigos para a súa formalización que se facilitan nel.

A non presentación deste impreso de autoliquidación, no cal deberá figurar a data e selo da entidade bancaria co formulario de solicitude no proceso selectivo, determinará a exclusión da persoa aspirante no dito proceso, e non será posible a súa emenda fóra do prazo de solicitudes.

Poderase tamén realizar o pagamento pola internet nas entidades financeiras autorizadas. Para isto, deberán acceder á oficina tributaria, a través da web da Axencia Tributaria de Galicia (www.atriga.gal). Neste suposto, unha vez efectuado o pagamento, imprimirase o xustificante de ter aboado a taxa (modelo 730), que será o que se presente coa solicitude.

En ambos os supostos, a presentación do xustificante do aboamento das taxas non suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación no proceso selectivo.

3.2.2. Exención e bonificación no aboamento da taxa.

Estarán exentos do pagamento desta taxa por dereito de inscrición:

a) As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Aplicarase unha bonificación do 50 % do importe da taxa:

a) Ás persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

As circunstancias de exención e bonificación deberán ser acreditadas, segundo o suposto que corresponda, presentando coa solicitude a seguinte documentación ou autorizando a Administración a comprobala.

– Copia do título oficial de familia numerosa, de carácter común ou especial.

3.3. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

3.3.1. As persoas interesadas en participar neste proceso deberán achegar coa súa solicitude a seguinte documentación:

a) Xustificante do ingreso da taxa, co selo da entidade bancaria con indicación da data.

b) Copia do título, de ser o caso, de familia numerosa, no suposto de que non fose expedido pola Xunta de Galicia.

c) Relación dos méritos que se acrediten, por cada unha das epígrafes de que consta o concurso, segundo o especificado no anexo III.

d) Copias da documentación acreditativa dos méritos alegados.

e) Certificado de Celga 4 ou equivalente non expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (só no suposto de participar na quenda de promoción interna).

f) Certificado acreditativo de ter en propiedade a categoría de oficial nos corpos da Policía Local da Comunidade Autónoma de Galicia e contar cunha antigüidade mínima de cinco anos nesa categoría (só no suposto de participar na quenda de mobilidade).

3.3.2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

3.3.3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

3.3.4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximo establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3.4. Comprobación de datos.

3.4.1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

d) Título oficial non universitario exixido (bacharelato, técnico ou equivalente).

e) Titulo de familia numerosa, no suposto de ser expedido pola Xunta de Galicia.

f) Certificado Celga 4 ou equivalente só cando sexa expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

3.5. Notificacións.

3.5.1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3.5.2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3.5.3. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia - Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

3.5.4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3.6. Publicación dos actos.

3.6.1. Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

– Relación provisional de persoas admitidas e non admitidas.

– Relación definitiva de persoas admitidas e non admitidas e data e lugar de realización da primeira proba.

3.6.2. Na páxina web da Agasp (www.agasp.xunta.gal) publicaranse, ademais, as resolucións coas datas e lugares de realización das restantes probas selectivas, resultados delas, relación de persoas aprobadas e demais comunicacións deste proceso.

3.7. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) publicará no DOG e na páxina web da Agasp a resolución pola que se declaren con carácter provisional os/as persoas admitidas e excluídas, co motivo da exclusión, así como os/as aspirantes exentos e non exentos da realización da proba de coñecementos da lingua galega. No caso de non existiren persoas excluídas, ou que as persoas excluídas o estean por motivos non emendables, a listaxe será considerada como definitiva.

4.2. As persoas aspirantes excluídas e os/as declarados/as non exentos/as da realización da proba de coñecementos da lingua galega disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no DOG, para poder emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión ou a non exención da proba de coñecementos da lingua galega.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude de participación no proceso, non consten nin como admitidas nin como excluídas na relación publicada.

4.3. Non se poderá emendar a presentación de solicitude fóra do prazo habilitado para este efecto nin o non pagamento da taxa establecida. As estimacións ou desestimacións das solicitudes de emenda entenderanse explícitas na resolución da Dirección Xeral da Agasp pola que se aprobe a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas, así como a listaxe definitiva de exentos/as e non exentos/as da proba de coñecementos da lingua galega, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Agasp.

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superar a oposición se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas interesadas decaerán en todos os dereitos que puideren derivar da súa participación.

4.4. Nesta resolución indicaranse o lugar, a data e a hora da realización do primeiro exercicio.

4.5. O prazo máximo de resolución deste proceso selectivo é de catro meses contado desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

5. Proceso selectivo na quenda de promoción interna.

O procedemento de selección será o de concurso-oposición.

5.1. A fase de concurso non terá carácter eliminatorio e consistirá na comprobación, avaliación e cualificación dos méritos alegados e xustificados, se é o caso, polos/as aspirantes de acordo co baremo que se contén no anexo III desta orde.

Non se tomarán en consideración nin serán valorados aqueles méritos que non queden debidamente acreditados, en todos os seus aspectos, na data de finalización do prazo de presentación de instancias.

Non obstante, non será necesario presentar documentos que xa estean en poder desta Administración.

En aplicación do disposto no artigo 32.1.b) do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, no concurso-oposición, a valoración total dos méritos será obxecto de limitación, cun máximo de puntos preestablecido. Tendo en conta que á fase de concurso lle corresponderá unha porcentaxe máxima do 40 % da puntuación máxima total, incluída a da oposición, para ponderar equitativamente os méritos tomarase como referencia ese máximo de puntos que os aspirantes poderían acadar, ao cal se lle outorgarían os catro puntos. Proporcionalmente, asignaráselle a puntuación a cada aspirante, aplicando a regra de tres simple e cun máximo de tres decimais sen redondeo.

5.2. A fase de oposición será posterior á fase de concurso e constará de dúas probas de coñecementos referidos ao temario da presente convocatoria e que se recolle no seu anexo IV. Así mesmo, de ser necesario, inclúese unha terceira proba consistente nunha proba de coñecemento do idioma galego.

Primeira proba: consistirá en contestar por escrito nun período máximo de 2 horas 120 preguntas tipo test máis 10 de reserva, determinadas polo tribunal, relacionadas cos temas comprendidos no anexo IV da presente convocatoria. Esta proba cualificarase de 0 a 10 puntos e será necesario alcanzar 5 puntos, como mínimo, para non quedar eliminado.

O tribunal determinará o nivel de coñecementos exixido para alcanzar a puntuación mínima.

A cualificación farase atendendo á seguinte fórmula: N=(A-F/3)/12, onde N=nota final da proba; A=preguntas acertadas; F=preguntas falladas ou non respondidas.

As persoas aspirantes poderán levar a copia das súas respostas. O mesmo día do exercicio publicarase o cadro de respostas correctas na páxina web da Agasp.

Segunda proba: consistirá na resolución dun caso práctico, no tempo máximo dunha (1) hora, determinado polo tribunal e relacionado cos temas comprendidos no anexo IV da presente convocatoria.

Seguidamente, as persoas aspirantes procederán á lectura do caso práctico ante o tribunal. Esta proba cualificarase de 0 a 10 puntos e será necesario alcanzar 5 puntos, como mínimo, para non quedar eliminado.

O tribunal determinará o nivel de coñecementos exixidos para alcanzar a puntuación mínima. A puntuación final da fase de oposición de cada aspirante será a media aritmética das cualificacións de ambas as probas, e será necesario alcanzar en cada unha das probas un mínimo de 5 puntos para superar a oposición.

Para ponderar esta puntuación en relación co 60 % da nota final que corresponde á fase de oposición, aplicarase a regra de tres simple, tendo en conta que á nota máxima que se podería alcanzar na oposición, que sería un 10, outorgaríanselle 6 puntos para a nota ponderada coa fase de concurso, de modo que ambas as puntuacións ponderadas, a do concurso e a da oposición, sumarían como máximo 10 puntos, correspondendo nesa puntuación unha porcentaxe máxima do 40 % ao concurso e do 60 % á da oposición.

As persoas aspirantes poderán levar a copia do seu exercicio. Os criterios xerais de corrección desta proba serán os seguintes:

1. O tribunal apreciará a aproximación á descrición e contido da normativa aplicable no esencial; esta puntuación incrementarase ou diminuirá na correspondente proporción en función da súa aproximación ao devandito contido.

2. Terase en conta a concreción das respostas dadas, a motivación destas e completar todas as singularidades de cada resposta segundo o establecido na normativa reguladora que ampara as respostas de cada unha delas.

Terceira proba. Coñecemento de galego. Consistirá na tradución directa e/ou inversa dun ou varios textos, en castelán ou galego, facilitados polo tribunal, nun tempo máximo de 30 minutos.

Este exercicio será cualificado unicamente de apto ou non apto. Aquelas persoas aspirantes que estean en posesión do título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega Celga 4 ou equivalente estarán exentas da realización do presente exame. Os documentos acreditativos dos aspectos sinalados no parágrafo anterior deberán ser presentados coa instancia de solicitude.

5.3. Desenvolvemento dos exercicios.

5.3.1. A orde de actuación das persoas aspirantes iniciarase alfabeticamente pola primeira da letra «S», de conformidade co establecido na Resolución do 30 de xaneiro de 2020, da Consellería de Facenda, pola que se fai público o resultado a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

O tribunal, unha vez finalizado o primeiro exercicio, establecerá por orde decrecente de puntuación o número de aspirantes que deberán desenvolver o resto das probas, por quendas consecutivas de resultar necesario.

5.3.2. As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de DNI ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade.

En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.

5.3.3. De conformidade co artigo 12 do Decreto 243/2008, as persoas aspirantes deberán acudir ás probas nas horas e datas dos respectivos chamamentos, sen posibilidade de aprazamento, calquera que sexa a causa que lles impida acudir, agás que a escusa sexa posible por ter amparo nun precepto legal, así como o suposto que se describe a continuación.

As mulleres embarazadas que prevexan, polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación e previsión de parto, ou eventualmente os primeiros días despois do parto, a súa coincidencia coas datas de realización de calquera dos exames ou probas previstos no proceso selectivo poderán poñelo en coñecemento do tribunal, achegando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse con tempo abondo e o tribunal determinará, con base na información de que dispoña, se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo ou ben un aprazamento da proba, ou ben ambas as dúas medidas conxuntamente.

5.3.4. Durante o tempo fixado para a realización das probas selectivas, non se poderán utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos de telefonía móbil, reloxos ou soportes con memoria; queda prohibido o acceso ao recinto con tales dispositivos, constituíndo causa de inadmisión ao chamamento a simple tenza deles.

5.3.5. O anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG e na páxina web de Agasp, con dous días de antelación, polo menos, á data sinalada para o seu inicio.

5.3.6. Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións que as persoas interesadas poden presentar, anula algunha ou algunhas preguntas incluídas na proba de coñecementos, anunciarao na páxina web da Agasp.

Neste suposto, e no caso que se realizasen, serán tidas en conta as cuestións de reserva, que terán unha puntuación igual ás do resto de exercicio.

5.3.7. As cualificacións obtidas polas persoas aspirantes nos exercicios da oposición publicaranse na sede da Agasp e na súa páxina web.

Concederase un prazo de cinco días para os efectos de alegacións, que se contarán desde a publicación da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

5.3.8. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal ten coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, logo de audiencia do interesado/a, comunicarallo á Agasp para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.

No caso de que a persoa aspirante non acredite o cumprimento dos requisitos, isto suporá a súa exclusión do proceso selectivo.

5.4. Desempate.

No caso de empate na puntuación final do proceso selectivo de promoción interna establécese a seguinte orde de prioridade:

1º. Por ser un grupo con infrarrepresentación do sexo feminino, e en aplicación do disposto no artigo 49 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, preferencia da muller respecto ao home.

2º. A nota máis alta no primeiro exercicio da fase de oposición.

3º. A nota máis alta no segundo exercicio da fase de oposición.

No caso de empate na puntuación final da quenda de mobilidade establécese a seguinte orde de prioridade:

1º. Por ser un grupo con infrarrepresentación do sexo feminino, e en aplicación do disposto no artigo 49 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, preferencia da muller respecto ao home.

2º. A puntuación outorgada polos méritos alegados seguindo a orde establecida no anexo III nas diferentes epígrafes da convocatoria.

6. Proceso selectivo na quenda de concurso para mobilidade.

O proceso selectivo efectuarase polo sistema de concurso, de conformidade co baremo de méritos que se recolle no anexo III desta orde, que non terá carácter eliminatorio e consistirá na valoración, por parte do tribunal, dos méritos que concorran nas persoas aspirantes. Soamente se terán en conta os documentos acreditativos (orixinais ou fotocopias fidedignas) que aqueles/as presentasen ata o peche do prazo da convocatoria, sen se poderen presentar méritos en período de corrección. Non se tomarán en consideración nin serán valorados os méritos que non queden debidamente acreditados en todos os seus aspectos no momento da finalización do prazo de presentación de instancias. Con todo, non será necesario presentar documentos que xa se atopen en poder desta Administración, o cal deberá ser alegado expresamente na instancia.

Consistirá nun concurso de méritos de conformidade co disposto no anexo III da Orde do 28 de xaneiro de 2009, pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada. Este baremo é o recollido no anexo IV desta orde.

7. Cualificación final.

Tanto na quenda de promoción interna, previamente á fase de oposición, como na quenda de mobilidade o tribunal procederá á baremación da fase de concurso e publicaraa na páxina web da Agasp, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante. Contra a baremación, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamacións ante o propio tribunal no prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da baremación.

En relación coa aplicación dos baremos, débense ter en conta as seguintes normas:

– Titulacións académicas: non se valorará a titulación requirida para o acceso á categoría a que se aspira, salvo que se posúa máis dunha. Tampouco se terán en conta, para os efectos de valoración, as titulacións necesarias ou as que se empregasen como vía de acceso para a obtención dunha titulación superior xa valorada.

– Para os efectos de equivalencia de titulación, só se admitirán as recoñecidas polo ministerio competente na materia como títulos académicos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, debendo achegarse a correspondente declaración oficial de equivalencia, ou disposición en que se estableza esta e, de ser o caso, o BOE en que se publicou. Só se valorarán os títulos antes citados, non os cursos realizados para a súa obtención.

– Formación e docencia: non se terán en conta, para os efectos de valoración:

• Os cursos obrigatorios que formen parte do proceso de selección para o acceso a calquera categoría ou emprego dos corpos e forzas de seguridade.

• Os cursos repetidos, salvo que transcorrese un período superior a 5 anos desde a finalización do primeiro curso.

• Os cursos necesarios para a obtención das titulacións da epígrafe A.1 e epígrafes do anexo II sobre titulacións e epígrafes sobre titulacións do anexo III da Orde do 28 de xaneiro de 2009, pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada, nin a superación de materias destes.

– En relación coa docencia, tanto como docente da Agasp como fóra do devandito ámbito, só serán avaliadas aquelas participacións en accións formativas que sexan de manifesto interese policial dirixidas, en particular, aos corpos de Policía Local, ou tamén ao colectivo das forzas e corpos de seguridade, desenvolvidas nas universidades, administracións públicas ou a través dos plans de formación continua. O mesmo curso impartido en máis dunha ocasión só computará unha vez, salvo que transcorrese un período superior a 5 anos desde a súa realización.

Á vista das reclamacións que se presenten e, no caso de seren estimadas, realizaranse as oportunas correccións na baremación e procederase á publicación definitiva na páxina web da Agasp.

A orde de prelación das persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma das puntuacións obtidas nas fases de concurso- oposición para a promoción interna e de concurso para a mobilidade. Non poderá superar o proceso selectivo un número de aspirantes superior ao de prazas convocadas.

O tribunal poderá declarar desertas aquelas prazas obxecto da presente convocatoria que non resulten cubertas na súa finalización por non superar o proceso selectivo un número suficiente de aspirantes.

As cualificacións das persoas aspirantes finalistas aprobadas serán publicadas na páxina web da Agasp.

8. Tribunal.

8.1. O tribunal cualificador do proceso será nomeado por orde da consellería competente en materia de seguridade e estará composto por cinco persoas titulares e cinco persoas suplentes, presidente/a, tres vogais e secretario/a, pertencentes a un corpo, escala ou categoría profesional para cuxo ingreso se requira a titulación de bacharelato ou superior; a súa composición será paritaria, segundo o establecido no artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

Sen prexuízo das competencias de ordenación material e temporal propias da Academia Galega de Seguridade Pública, corresponden ao tribunal as funcións relativas á determinación concreta do contido das probas, a cualificación dos/das aspirantes, a emisión de cantos informes lle sexan requiridos derivados da súa intervención no proceso selectivo, así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas na orde correcta das probas selectivas e resolución de incidencias.

8.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección aprobadas pola Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 11 de abril de 2007 e no acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010.

A persoa titular da presidencia deberá solicitar aos membros do tribunal e, de ser o caso, ao persoal asesor e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos unha declaración expresa de non se atoparen incursos en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

En todo caso, as persoas aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias referidas nos termos establecidos no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.

8.3. A autoridade convocante publicará no DOG a orde correspondente pola que se nomeen os novos membros do tribunal que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base anterior.

8.4. A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles a partir da publicación do nomeamento do tribunal no DOG. Na devandita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia de, polo menos, tres dos seus membros, con presenza en todo caso das persoas titulares da presidencia e da secretaría.

Por acordo dos seus membros, o tribunal poderá decidir a autoconvocatoria para a seguinte ou seguintes sesións que teñan lugar sen necesidade de citación por escrito.

Das sesións celebradas polo tribunal redactarse a acta correspondente, que será asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a.

8.5. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e ao resto do ordenamento xurídico.

8.6. O tribunal poderá propoñer a incorporación aos seus traballos de persoal asesor para as valoracións que coide pertinentes, quen deberá limitarse a colaborar nas súas especialidades técnicas e terá voz, pero non voto.

8.7. En ningún caso poderá o tribunal aprobar nin declarar que superou o proceso selectivo un número de aspirantes superior ao de prazas convocadas. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

8.8. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a persoa titular da dirección xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

9. Relación de persoas aprobadas e lista de reserva, presentación de documentación e nomeamento como persoal funcionario en prácticas para a quenda de promoción interna

9.1. Relación de persoas aprobadas e lista de reserva.

Unha vez rematado o proceso selectivo, o tribunal elaborará por orde decrecente de puntuación a lista de persoas aprobadas. O número destas persoas non poderá superar o de prazas convocadas.

Así mesmo, o órgano de selección elaborará, tamén por orde decrecente de puntuación, unha lista de reserva cun número de persoas aspirantes que será, como máximo, igual ao de persoas aprobadas. Na lista de reserva figurarán aquelas persoas aspirantes que, aínda que superaron as probas dos proceso selectivo, non resultaron aprobadas por obteren unha puntuación inferior á da última persoa que obtivo praza.

Ambas as dúas listas serán publicadas na páxina web da Agasp.

As persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos non poderán ser nomeadas persoal funcionario en prácticas e quedarán sen efecto as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

9.2. Nomeamento como persoal funcionario en prácticas.

Unha vez acreditada a posesión dos requisitos exixidos, as persoas aspirantes serán nomeadas persoal funcionario en prácticas na categoría de oficial, mediante resolución da correspondente Alcaldía, que se publicará no Boletín Oficial da provincia (BOP).

En caso de renuncia, falecemento, falta de xustificación dos requisitos para o nomeamento, incapacidade absoluta sobrevida ou concorrencia de calquera outra causa que impida o nomeamento dunha persoa aspirante como persoal funcionario en prácticas ou prive de eficacia ao nomeamento xa realizado, o Concello comunicará esta circunstancia á Dirección Xeral da Agasp, que substituirá a persoa afectada pola primeira que figure na lista de reserva, sempre con anterioridade ao desenvolvemento do correspondente curso selectivo de formación.

9.3. Curso selectivo de formación.

As persoas aspirantes aprobadas na quenda de promoción interna deberán superar un curso selectivo de formación teórico-práctico na Agasp como requisito indispensable para acceder á condición de persoal funcionario de carreira na categoría de policía, escala básica, de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 4/2007 e no artigo 16 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro.

Só estarán dispensadas de realizar o devandito curso aquelas persoas que xa o superasen con anterioridade na Agasp. En tal caso, serán nomeadas directamente na condición de persoal funcionario de carreira na categoría de oficial.

No caso da non incorporación ao curso ou de abandono deste sen rematalo, salvo por causas excepcionais, considerarase que a persoa aspirante non superou o proceso selectivo.

O alumnado que non supere o curso teórico-práctico na Agasp, incluídas as probas de carácter extraordinario, perderá todos os dereitos alcanzados no proceso selectivo.

10. Nomeamento como persoal funcionario de carreira do concello correspondente na quenda de concurso para mobilidade

10.1. O tribunal remitirá á Agasp a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira dos correspondentes concellos segundo o resultado do concurso de méritos, en número non superior ao de prazas convocadas, xunto con igual número de reservas.

10.2. A Agasp notificaralles esta proposta aos concellos interesados no prazo de 5 días desde a súa publicación para que eleven a definitiva tal proposta e se proceda ao seu nomeamento.

Así mesmo, a Agasp comunicaralles, no suposto de quedaren prazas vacantes ou declaradas desertas, a súa incorporación á convocatoria de oposición libre.

11. Información ás persoas interesadas.

Sobre esta convocatoria, poderase obter información adicional na Agasp a través dos seguintes medios:

a) https://sede.xunta.gal/portada

b) Páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.gal).

c) No enderezo electrónico formacion.agasp@xunta.gal

d) No telefono da Agasp 886 20 61 10.

e) No Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp (avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra).

12. Información básica sobre protección de datos persoais.

Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia –Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza– coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, e reflectirase esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

A fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados, conforme o descrito na presente norma reguladora, a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

13. Disposición derradeira.

13.1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración, o tribunal encargado de xulgar o proceso selectivo e as persoas que nel participen.

13.2. Así mesmo, cantos actos administrativos produza o tribunal, a autoridade convocante ou o órgano encargado da xestión poderán ser impugnados polos/as interesados/as de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

13.3. Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de seguridade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, consonte a Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2020

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

missing image file
missing image file

ANEXO II

Relación de prazas convocadas

Carballo

2

Fene

1

Ferrol

3

Miño

1

A Guarda

1

O Grove

1

Ortigueira

1

Ourense

3

Ponteareas

1

Pontedeume

1

Redondela

1

Santiago de Compostela

1

Soutomaior

1

Vilagarcía de Arousa

1

Viveiro

1

ANEXO III

Taboa de méritos quenda de concurso

Epígrafes

Descrición dos méritos que se van valorar

Valoración parcial
(en puntos)

1. Titulacións académicas oficiais

– Título universitario de posgrao, doutor ou equivalente

– Título universitario de grao, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente

– Técnico superior, diplomado universitario, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, diplomado superior en criminoloxía, ciencias policiais ou equivalente

– Bacharelato técnico ou equivalente

3,00

2,00

1,50

0,50

2. Antigüidade como funcionario de carreira

– Cada ano de servizo, ou fracción superior a 6 meses, nos corpos de Policía Local

– Cada ano de servizo, ou fracción superior a 6 meses, noutro corpo de seguridade

– Cada ano de servizo, ou fracción superior a 6 meses, noutro corpo de calquera Administración pública

0,20

0,10

0,05

3. Formación profesional e docencia

Como alumno de Agasp ou en actividades conveniadas

– Cada hora en actividades de tipo presencial

– Cada hora en actividades de formación en liña

Como alumno noutras actividades alleas á Agasp

– Cursos ou actividades ata 20 horas

– Cursos ou actividades entre 21 e 40 horas

– Cursos ou actividades entre 41 e 70 horas

– Cursos ou actividades entre 71 e 100 horas

– Cursos ou actividades entre 101 e 200 horas

– Cursos ou actividades de máis de 200 horas

AS

0,015

0,010

0,20

0,35

0,45

0,50

0,75

1,00

AP

0,025

0,020

0,30

0,50

0,65

0,75

1,00

1,30

Como profesor da Agasp ou en actividades conveniadas

– Cada hora en actividades de tipo presencial

– Cada hora en actividades de formación en liña

Como profesor noutras actividades alleas á Agasp

– Cada hora en actividades de tipo presencial

– Cada hora en actividades de formación en liña

0,020

0,015

0,015

0,010

4. Distincións e recompensas oficiais

– Placa individual ao mérito da Policía Local

– Placa colectiva ao mérito da Policía Local

– Medalla ao mérito da Policía Local

– Medalla ou cruz ao mérito policial doutros corpos

– Distincións do órgano colexiado competente do Concello

2,00

1,50

1,00

0,75

0,25

5. Idiomas

Coñecemento de idiomas, distintos do español e do galego, acreditados por certificado de EOI

A) Ciclos.

– Certificado de superación do ciclo elemental

– Certificado de superación do ciclo superior

B) Niveis.

– Certificado superación nivel básico

– Certificado superación nivel intermedio

– Certificado superación nivel avanzado

Só se terá en conta o ciclo ou nivel de máis valor dos que se acrediten

1,00

2,00

0,65

1,30

2,00

6. Lingua galega

Coñecemento da lingua galega, segundo acreditación

– Celga 1

– Celga 2

– Celga 3

– Celga 4

– Curso de iniciación

– Curso de perfeccionamento

– Curso de linguaxe administrativa nivel medio

– Curso de linguaxe administrativa nivel superior

Só se terá en conta o título de máis nivel dos que se acrediten

0,25

0,50

0,75

1,00

0,75

1,00

1,50

2,00

ANEXO IV

Temario

1. O Estado. Concepto. Elementos. A división de poderes. Funcións. Organización do Estado español. Antecedentes constitucionais en España. A Constitución española de 1978. Estrutura e contido. A reforma da Constitución española. O Estado español como Estado social e democrático de dereito. Dereitos e deberes constitucionais; clasificación e diferenciación.

2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas I: dereito á vida e integridade. Liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto. Dereito á liberdade e seguridade. Dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. A inviolabilidade do domicilio e o segredo das comunicacións. A liberdade de residencia e de circulación. O dereito á liberdade de expresión recoñecido no artigo 20 da Constitución.

3. O dereito á liberdade de expresión recoñecido no artigo 20 da Constitución. Dereitos fundamentais e liberdades II: dereito de reunión. Dereito de asociación. Dereito á participación nos asuntos públicos e ao acceso a funcións e cargos públicos. Tutela xudicial efectiva e prohibición de indefensión. A imposición de condena ou sanción do artigo 25 da Constitución, sentido das penas e medidas de seguridade.

4. Prohibición de tribunais de honor. O dereito á educación e á liberdade de ensino. Dereito á sindicación e á folga, especial referencia aos membros das forzas e corpos de seguridade. Dereito de petición.

5. Dereitos e deberes dos cidadáns. Os principios reitores da política social e económica. As garantías de dereitos e liberdades. Suspensión xeral e individual destes. O Defensor do Pobo.

6. A coroa. As Cortes Xerais. Estrutura e competencias. Procedemento de elaboración das leis. Formas de Goberno. O Goberno e a Administración. Relacións do Goberno coas Cortes Xerais. Funcións do Goberno.

7. O Poder Xudicial. Principios constitucionais. Estrutura e organización do sistema xudicial español. O Tribunal Constitucional.

8. Organización territorial do Estado. As comunidades autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e disposicións xerais. Institucións: Parlamento. Presidente e Consello de Goberno. Mención ao Tribunal Superior de Xustiza.

9. Relación da Xunta de Galicia coa Administración do Estado e con outras comunidades autónomas. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. A reforma do Estatuto de autonomía de Galicia.

10. O dereito administrativo. Fontes e xerarquía das normas.

11. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. A validez dos actos administrativos; nulidade e anulabilidade. Notificación de actos administrativos. Cómputo de prazos. Recursos administrativos. Alzada e reposición; o recurso extraordinario de revisión.

12. O procedemento administrativo. Concepto e principios xerais. Clases. Os interesados. A estrutura do procedemento administrativo.

13. O réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica. Tipos de entidades locais.

14. O municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A provincia: concepto, elementos e competencias.

15. A organización e funcionamento do municipio. O Pleno. O alcalde. A Xunta de Goberno local. Outros órganos municipais.

16. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación.

17. A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.

18. Función pública local. A súa organización. Adquisición e perda da condición de funcionario. Dereitos, deberes e incompatibilidades dos funcionarios. Situacións administrativas.

19. Lei orgánica de forzas e corpos de seguridade. Funcións da Policía Local.

20. Lei de coordinación das policías locais de Galicia e normas de desenvolvemento. Réxime disciplinario: disposicións xerais e faltas disciplinarias.

21. A actividade da Policía Local como policía administrativa I. Consumo. Abastos. Mercados. Venda ambulante. Espectáculos e establecementos públicos.

22. A actividade da Policía Local como policía administrativa II. Urbanismo. Infraccións e sancións. A protección ambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina ambiental.

23. A Lei de emerxencias de Galicia: aspectos fundamentais.

24. Delitos e delitos leves. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal.

25. Persoas responsables: autores e cómplices. Graos de perfección do delito.

26. Delitos cometidos con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas garantidos pola Constitución. Delitos cometidos polos funcionarios públicos contra as garantías constitucionais.

27. Delitos contra a Administración pública.

28. Atentados contra a autoridade e os seus axentes. Desordes públicas.

29. Homicidio e as súas formas. Faltas contra as persoas.

30. Delitos e faltas contra o patrimonio e a orde socioeconómica.

31. Delitos contra a saúde pública. Tráfico de drogas.

32. Delitos contra a seguridade viaria. Faltas cometidas con ocasión da circulación de vehículos de motor. Lesións e danos imprudentes.

33. As penas. Concepto, clases: privativas de liberdade, privativas de dereitos e multa. Clasificación pola súa gravidade: graves, menos graves e leves.

34. O atestado policial na Lei de axuizamento criminal. Concepto e estrutura.

35. Detención: concepto, clases e supostos. Prazos de detención. Deberes do funcionario que efectúa unha detención. Contido da asistencia letrada. Dereitos do detido. Responsabilidades penais en que pode incorrer o funcionario que efectúa unha detención. O procedemento de habeas corpus.

36. Lei de seguridade viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estrutura e conceptos xerais.

37. Normas xerais de circulación: lugar na vía, velocidade, prioridade de paso. Cambios de dirección e sentido. Adiantamentos. Parada e estacionamento.

38. Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco de seguridade. Circulación por zonas peonís. Comportamento en caso de urxencia.

39. Sinais de circulación. Clasificación e orde de prioridade.

40. Procedemento sancionador por infraccións á normativa de circulación. Actuacións complementarias. Inmobilización e retirada de vehículos da vía pública. Carencia do seguro obrigatorio.

41. Accidentes de circulación: definición, tipos e actuacións da Policía Local.

42. Alcoholemia. Datos. A súa consideración segundo a normativa vixente. Doutrina constitucional. Procedemento de indagación do grao de impregnación alcohólica.

43. Estrutura económica e social de Galicia: demografía, economía, servizos públicos, sociedade civil, novas tecnoloxías, patrimonio ecolóxico, social e cultural.

44. Vida en sociedade. Proceso de socialización. Formación de grupos sociais e masas. Procesos de exclusión e inclusión social. A delincuencia: tipoloxías e modelos explicativos.

45. Comunicación: elementos, redes, fluxos, obstáculos. Comunicación con superiores e subordinados. Equipos de traballo e atención á cidadanía.

46. Minorías étnicas e culturais. Racismo e xenofobia. Actitude policial ante a sociedade intercultural.

47. Igualdade de oportunidades de homes e mulleres en Galicia: conceptos básicos; socialización e igualdade; políticas públicas de igualdade de xénero. Violencia contra as mulleres: descrición, plans de erradicación e atención coordinada ás vítimas.

48. O mando: concepto, estilos, calidades, trazos, regras e características do mando; relación con subordinados; técnicas de dirección e reunións.

49. A policía na sociedade democrática. O mandato constitucional. Valores que propugna a sociedade democrática. A dignidade da persoa. Sentido ético da prevención e da represión.

50. Deontoloxía policial. Normas que a establecen. A policía como servizo á cidadanía. Colaboración con outros servizos municipais.

ANEXO V

missing image file