Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 10 de xullo de 2020 Páx. 27733

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2020 pola que se nomea profesorado de corpos docentes universitarios.

De conformidade coa proposta elevada polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión das prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante Resolución desta universidade do 10 de xaneiro de 2020 (BOE do 27 de xaneiro), e unha vez presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria, esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), polo artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e demais disposicións concordantes, resolve efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión por parte das persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de vinte (20) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, consonte o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Nº de concurso

Nome

Apelidos

DNI/NIE

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Localidade

Código de praza

2406/19

Ana

Díaz Martínez

***3204**

Catedrático de universidade

Dereito civil

Dereito Común

Santiago de Compostela

A00582

2407/19

María Isabel

Lirola Delgado

***6157**

Catedráticos de universidade

Dereito internacional público e relacións internacionais

Dereito Público e Teoría do Estado

Santiago de Compostela

A00583

2412/19

Elvira

Fidalgo Francisco

***2825**

Catedráticos de universidade

Filoloxía románica

Filoloxía Galega

Santiago de Compostela

A00588

2413/19

María Irene

Doval Reija

***4061**

Catedráticos de universidade

Filoloxía alemá

Filoloxía Inglesa e Alemá

Santiago de Compostela

A00589

2421/19

María de las Errmitas

Penas Varela

***0572**

Catedráticos de universidade

Literatura española

Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral

Santiago de Compostela

A00597

2424/19

Carlos

García Riestra

***4631**

Catedráticos de universidade

Microbioloxía

Microbioloxía e Parasitoloxía

Santiago de Compostela

A00600

2429/19

María del Pilar

Llompart Vizoso

***5258**

Catedráticos de universidade

Química analítica

Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía

Santiago de Compostela

A00605

2430/19

Antonia María

Carro Díaz

***0970**

Catedráticos de universidade

Química analítica

Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía

Santiago de Compostela

A00606

2432/19

Isaac

Rodríguez Pereiro

***9957**

Catedráticos de universidade

Química analítica

Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía

Santiago de Compostela

A00608

2436/19

María Jesús

Tabernero Duque

***6260**

Titulares de universidade

Medicina legal e forense

Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría

Santiago de Compostela

C01803

2438/19

Francisco Javier

Framiñán Santas

***1691**

Titulares de universidade

Dereito mercantil

Dereito Público Especial e da Empresa

Santiago de Compostela

C01805