Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 14 de xullo de 2020 Páx. 28018

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 017 do grupo II, asistenta/e social, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 017 do grupo II, asistenta/e social, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de persoas aspirantes excluídas

Cota específica base I.1.1.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Portela Pastrana, Javier Adolfo

***1122**

55

Santos Bóveda, María Dolores

***5872**

55

Acceso xeral.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Castro Ansede, Ledicia

***5541**

20, 55

Castro Rendal, Ana

***9319**

86

Da Silva Vecino, Jonatan

***6854**

55

Díaz Carreira, Elena

***4231**

20, 55

López Vilar, Lorena

***0389**

20

Martínez Franco, María Dolores

***3300**

20

Melgar Rocca, Annya Fiorella

***2512**

20

Pedrosa Río, María Lorena

***9758**

20

Rodríguez Fernández, Bárbara

***2727**

20, 55

Roel Barbeito, Alba

***5688**

20, 55

Suárez Juncal, Bibiana

***5473**

87

Teresinha da Silva, Sheila

***4051**

86

Villalta Pérez, Margarita

***1034**

20

Cód.

Causa da exclusión

20

Pendente de presentar/pendente de realizar o pagamento

55

Non cumprir ou acreditar o requisito da titulación

86

Non cumpre a condición de demandante de emprego 6 meses antes da convocatoria

87

Non cumpre a condición de non percibir prestación ou subsidio por desemprego