A persoa titular da Dirección de Augas de Galicia ditou a resolución dos expedientes de autorización de clave DH.W15.67959 e dous máis, que se indican no anexo.
Intentada a notificación da resolución por correo certificado, con xustificante de recepción, no domicilio que consta no correspondente expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.
Infórmanse que os expedientes atópanse á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 en Santiago de Compostela.
Comunicáselles que, contra a resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2020
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia
ANEXO
Expediente Clave |
DNI/NIE do interesado |
Data da resolución |
Sentido da resolución |
DH.W15.67959 |
52452225N |
27.3.2020 |
Favorable |
DH.W15.70058 |
15137318Y |
4.6.2020 |
Favorable |
DH.W15.70554 |
33192082T |
4.5.2020 |
Favorable |