Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 15 de xullo de 2020 Páx. 28172

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de celador/a, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, e se inicia o prazo para a elección de destino.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 11 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 34, do 19 de febreiro), habilitouse o prazo dun mes para que os/as aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo para o acceso á categoría de celador/a, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 51, do 13 de marzo), presentasen a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos da convocatoria.

A base novena da Resolución do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 51, do 13 de marzo), de convocatoria do proceso dispón que, logo de comprobada a documentación de todos/as os/as aspirantes aprobados/as, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as, as prazas que se lles oferten e o procedemento e prazo para que estes/as manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

En virtude do exposto, unha vez comprobada a documentación dos/das aspirantes e finalizados os prazos de impugnación administrativa contra a Resolución do 11 de febreiro de 2020 pola que se fan públicos os acordos do tribunal da categoría de celador/a, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar, como anexo I, pola orde de puntuación total obtida no proceso, a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de celador/a, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 1 de marzo de 2018.

Segundo. Aprobar a relación de prazas que se ofertan aos/ás aspirantes seleccionados/as neste proceso, e que figura como anexo II desta resolución.

Terceiro. Abrir un prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación, para que os/as aspirantes que constan nesta resolución seleccionen os destinos ofertados por orde de prelación, no modelo de formulario que figura como anexo III desta resolución e que consta, así mesmo, en formato editable, á disposición dos/das aspirantes, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

A selección de destinos no dito formulario efectuarase consonte o seguinte procedemento:

a) O/a aspirante cubrirá os seus datos persoais e seleccionará os destinos ofertados por orde de prelación, de maior a menor preferencia.

b) Para os efectos da súa indicación no formulario, o/a aspirante deberá identificar os destinos polo concello onde están situados.

c) Logo de efectuada a selección de prazas, deberá asinar o formulario e presentalo nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dentro do prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución.

d) O formulario irá dirixido á Dirección Xeral de Recursos Humanos. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n. 15703 Santiago de Compostela.

Os/as aspirantes que, neste prazo e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2020

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Nota OPE

Formación

Experiencia

Total

1

***8315**

Orge Rodríguez, Xabier

DI

93,000

8,000

12,000

113,000

2

***3817**

Osorio Peláez, Pablo

DI

100,000

8,000

1,800

109,800

3

***6377**

Prieto Vale, Dolores

DI

93,000

8,000

8,500

109,500

4

***6389**

García García, Débora

DI

100,000

8,000

0,100

108,100

5

***1494**

Brage Eibe, María del Carmen

DI

97,000

4,000

6,100

107,100

6

***5748**

Vázquez Torreiro, Guadalupe

DI

94,000

8,000

4,700

106,700

7

***3693**

De La Torre Conde, Miguel Ángel

DI

100,000

5,400

0,000

105,400

8

***3335**

Fernández Lorenzo, Javier Antonio

DI

91,000

8,000

5,350

104,350

9

***0623**

Brea Conde, José Manuel

DI

100,000

0,000

3,950

103,950

10

***9009**

Pulido Barba, Camilo

DI

94,000

8,000

0,050

102,050

11

***6068**

Corredoira Taboada, David

DI

93,000

8,000

1,050

102,050

12

***8524**

Bastón Suárez, Carlos

DI

100,000

1,350

0,000

101,350

13

***8544**

Méndez Saavedra, Víctor José

DI

100,000

0,090

0,000

100,090

14

***5910**

Bispo Torres, Kamakshi-Shantia

DI

100,000

0,000

0,000

100,000

15

***9254**

Barreiro Lestón, Eliseo

DI

93,000

4,000

2,950

99,950

16

***0205**

López Rico, Diego

DI

91,000

8,000

0,500

99,500

17

***9806**

Valiño Rodríguez, Francisco Javier

DI

97,000

2,400

0,000

99,400

18

***9828**

Briones Da Silva, Stefany

DI

97,000

1,500

0,400

98,900

19

***3413**

Andrade Lorenzana, Adrián

DI

90,000

8,000

0,800

98,800

20

***0996**

Ferreiro Rodríguez, Mónica

DI

90,000

4,000

4,650

98,650

21

***4565**

Rivera Miras, Lucía

DI

90,000

8,000

0,550

98,550

22

***4908**

Sánchez Castro, Alfonso María

DI

78,000

8,000

12,000

98,000

23

***3953**

Vila Fernández, Noé

DI

97,000

0,000

0,000

97,000

24

***2988**

De Sousa García, Óscar José

DI

89,000

8,000

0,000

97,000

25

***8863**

Álvarez Álvarez, Ceus

DI

90,000

0,300

6,350

96,650

26

***6505**

Lago Valtierra, Rubén

DI

95,000

0,000

1,200

96,200

27

***4238**

Costoya Jul, Ana María

DI

96,000

0,000

0,000

96,000

28

***2518**

Filgueiras Sanesteban, Nerea

DI

88,000

8,000

0,000

96,000

29

***3712**

Carrillo Fernández, Francisco

DI

88,000

6,900

0,850

95,750

30

***0882**

Varela Saavedra, Óscar

DI

94,000

1,500

0,000

95,500

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.

ANEXO II

Destinos que se ofertan

Centro directivo

Centro/s

Quenda

Concello

Núm. de prazas

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

-

A Coruña

5

A.S. de Ferrol

Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

-

Ferrol

4

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

-

Lugo

5

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Hospital Público da Mariña

-

Burela

1

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

-

Ourense

2

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Hospital Público do Salnés

-

Vilagarcía de Arousa

2

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

-

Santiago de Compostela

8

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

-

Vigo

3

missing image file