Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 15 de xullo de 2020 Páx. 28170

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 4 de xuño de 2020 pola que se convoca procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas.

Advertido erro na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 122, do 22 de xuño de 2020, é necesario efectuar a seguinte corrección:

Na base terceira, no número 3.5, parágrafo primeiro, páxina 24842:

Onde di: «En todo caso, o persoal participante no concurso que alegue méritos na subepígrafe 3.2.1 e participara no concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010 (DOG do 16 de novembro) ou polas convocatorias seguintes, concorrerá coa puntuación que na epígrafe 4.1 do concurso lle foi outorgada, dividida por 2,50, e procederá a presentar para a súa consideración novos méritos que fosen perfeccionados con posterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes da última convocatoria pola que participaron», debe dicir: «En todo caso, o persoal participante no concurso que alegue méritos na subepígrafe 3.2.1 e participase no concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010 (DOG do 16 de novembro) ou polas convocatorias seguintes, concorrerá coa puntuación que na epígrafe 6.1 do concurso lle foi outorgada, dividida por 2,50, e procederá a presentar para a súa consideración novos méritos que fosen perfeccionados con posterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes da última convocatoria pola que participaron».