Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 16 de xullo de 2020 Páx. 28359

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 6 de xullo de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a Resolución do 25 de novembro de 2019, pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, e a Resolución do 22 de xuño de 2020, pola que se acorda a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e de xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 140, do 15 de xullo, cómpre realizar a oportuna corrección:

No punto terceiro, onde di: «Acórdase a ampliación o prazo de presentación de solicitudes de elección de postos e de xustificación da posesión de méritos e requisitos en sete días hábiles, o devandito prazo rematará o 24 de xullo de 2020», debe dicir: «Acórdase a ampliación do prazo de presentación de solicitudes de elección de postos e de xustificación da posesión de méritos e requisitos en sete días hábiles, o devandito prazo rematará o 28 de xullo de 2020».