De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente SAN-CO-0128/2019-IA.
Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Subdirección Xeral de Gandería, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpor recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia, ou ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no caso de non comparecencia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Transcorrido este prazo sen ter presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza na vía administrativa, e será inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 90 da mesma norma xurídica.
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2020
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
P.S. (Resolución do conselleiro do Medio Rural do 9.6.2020)
Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural
ANEXO
Expediente: SAN-CO-0128/2019-IA.
Interesado/a: 79342100N.
Acto de notificación: resolución.