Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 16 de xullo de 2020 Páx. 28409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANUNCIO do 29 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de tentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións administrativas derivadas dos procedementos indicados.

As persoas interesadas ou os seus representantes deberán comparecer para ser notificadas (logo de obtención de cita chamando ao teléfono número 981 54 65 06) no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), ante esta Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, como órgano competente para a tramitación dos citados procedementos, sita en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar; das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As notificacións pendentes tamén poderán obterse mediante comparecencia no Sistema de notificacións de Galicia (https://notifica.xunta.gal/notificaciones/portal/login), se se dispón de Chave365 ou certificado dixital.

Transcorrido o dito prazo sen ter comparecido, a notificación entenderase producida a todos os efectos legais dende o día seguinte ao vencemento do prazo indicado.

Santiago de Compostela, 29 de xuño 2020

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

anexo

Persoa interesada

Procedemento

María Rosa San Miguel López

Homologación / validación de estudos estranxeiros non universitarios

Eduardo da Cuha Morgado

Homologación / validación de estudos estranxeiros non universitarios

Concepción Pérez Bote

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo)

Mª Consuelo Recouso Barbeito

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo)

Mª Cristina Iglesias Paz

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo)