BDNS (Identif.): 515635.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Entidades beneficiarias
1. As entidades locais de Galicia, excluídas as deputacións provinciais.
2. Os agrupamentos de concellos para a realización dun proxecto común. As súas entidades integrantes nomearán unha entidade representante única que actuará como coordinadora e interlocutora coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e que será a receptora da asignación económica.
Segundo. Obxecto
O obxecto desta orde é aprobar as bases e convocar as axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante o mantemento ou reforzamento dos existentes para o ano 2020, en concellos ou en agrupamento de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes (código de procedemento administrativo PL400A).
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 18 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento PL400A).
Publicadas no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. Contía
Importe total da convocatoria: 100.000 euros.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 18 de xuño de 2020 no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2020
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo