Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 16 de xullo de 2020 Páx. 28421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 30 de xuño de 2020 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no acordo de inicio do procedemento de reintegro do expediente 801/32/2017/580008 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, sendo a súa data de publicación a que determina a eficacia do acto notificado, logo de ser intentada sen éxito a notificación a persoa titular do NIF 34956877M nos intentos practicados no seu enderezo, comunicámoslle que o 29 de xaneiro de 2020 se resolveu iniciar o procedemento de reintegro do importe da penalización imposta por incumprimento da condicionalidade nos expedientes 801/32/2017/580008, 802/32/2017/580008, 806/32/2017/580008, 807/32/2017/580008 pola cantidade de 196,17 €.

De encontrar conforme o acordo de inicio do procedemento de reintegro, pode vostede efectuar o pagamento da débeda mediante transferencia á conta corrente da entidade financeira Abanca núm. ES72 2080 5355 6531 1004 2831, dentro dos seguintes prazos (artigo 62 da Lei xeral tributaria):

a) Se esta publicación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a dita data ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

b) Se esta publicación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a dita data ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

Se a persoa interesada realiza o pagamento, rematará o procedemento de reintegro sen necesidade de realizar ningunha notificación posterior.

Contra o acordo de inicio do procedemento de reintegro dos expedientes de referencia, a persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do dia seguinte ao da notificación, para formular as alegacións e presentar a documentación que estime conveniente ao seu dereito ante a Secretaría deste organismo.

O expediente atópase, en todo caso, á disposición do interesado no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños, s/n, 15781 Santiago de Compostela, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2020

O director do Fondo Galego de Garantía Agraria
P.S. (Resolución 9.6.2020)
Marta Forés Lojo
Secretaria do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expedientes: 801/32/2017/580008, 802/32/2017/580008, 806/32/2017/580008, 807/32/2017/580008.

NIF da persoa interesada: 34956877M.

Acto de notificación: acordo de inicio de procedemento de reintegro.